En Merexo non quedou un poste sen o seu cartel de protesta
A imaxe non podía ser máis impactante: todos os que hoxe percorreran o camiño que leva da Praia de Lago a Muxía ao pasar por Merexo verían centos de carteis contra a ampliación da granxa de Prodemar en Merexo, que o alcalde muxián Félix Porto defendeu nas noxas páxinas nunha recente entrevista. Nin un só poste telefónico estaba libre do seu cartel correspondente, nin unha soa parede das casas que bordeaban a carretera carecía da súa pancarta. Merexo daba hoxe a imaxe dun pobo en pe de guerra. Nin un só espacio público librábase da súa anguriante chamada de socorro.A gran maioría dos seus veciños, os cales recentemente manifestábanse en Camariñas con ocasión das xornadas celebradas na Casa de Pedra sobre acuicultura, entenden que a ampliación de Prodemar traerá consigo a destrucción física da beleza natural da parroquia muxiana, dos seus recursos naturais e de parte sustancial dos da Ría de Camariñas. Preguntado ao respecto por
camarinas.eu, Rubén Faraldo director adxunto en Prodemar, deriva responsabilidades cara a Xunta de Galicia ao responder que eles "só constrúen alí onde a administración autonómica llo permite", contando ca autorización correspondente da Xunta. Os veciños, entretanto, culpan directamente ao Alcalde muxián, á conselleira de pesca e ao Presidente da Xunta Touriño. En calquer caso, en Merexo está a piques de estalar unha enconada polémica de grandes proporcións.
Enlaces Relacionados con esta noticia
Carteis en Merexo para protestar pola ampliación da planta de Prodemar
Cartel de protesta ca nosa Camariñas ao fondo
Pranta actual de Stolt Sea Farm en Merexo
Duelo de señais no cruce de Merexo para ir á factoría de Prodemar
Vista dos postes de luz con cadanseu cartel de protesta contra Stolt Sea Farm
Sem comentários:
Enviar um comentário