-comitecidadan@gmail.com-
Para: arceibe@hotmail.com
Data: 3 de junho de 2008 19:35
Asunto: O Comité Cidadán de emerxencia pechado no Concello de Ferrol
Onte 3 de Xuño, ás 11 horas, varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, iniciaron un peche no Palacio Municipal de Ferrol.
Esta acción ten por obxecto o demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría., así como o seu rexeitamento ás novas ameazas que se perfilan para a súa sostenibilidade e para a vida dos seus habitantes, detalladas no escrito entregado á Alcaldía que se reproduce a continuación
O CCE invita a cantas persoas e colectivos consideren oportuno apoiar esta iniciativa a manifestalo mediante visitas aos pechados no Concello, como xa o están a facer moitas persoas nestas primeiras horas de peche, ou comunicados públicos, mensaxes de correo electrónico ou calquera outro medio.
Oportunamente notificarase cantas novidades xurdan respecto desta situación, e unha vez máis recordar a convocatoria para a
MANIFESTACIÓN
Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas
Peirao de Curuxeiras – Ferrol
Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas
Peirao de Curuxeiras – Ferrol
¡!PLANTA DE GAS FORA DA RÍA¡!
Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol
Sr. Alcalde:
No nome do “Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol”, decidimos pecharmos na casa de todos os ferroláns e ferrolás, co obxectivo de reclamar da Corporación que vostede preside, un pronunciamento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, así como o rexeitamento das novas ameazas que se están poñendo en marcha nas últimas datas: autorización de ampliación da capacidade regasificadora decidida polo último Consello de Ministros; pretensión de dinamitar a canle de entrada da Ría, decidida pola Autoridade Portuaria, como pantalla para ocultar a imposibilidade de cumprir coa normativa en situacións de emerxencia dos gaseiros cargados; transporte de gas en cisternas polas estradas galegas, con perigo para a poboación, etc.
Asimesmo, reclamamos da Corporación un claro rexeitamento da pretensión de incrementar aínda máis a contaminación e destrucción deste mar interior, coa planta de Ence, que Pontevedra leva anos rexeitando.
Co ocasión do Día Mundial do Medioambiente, emprazamos ao Governo Municipal desta cidade para que defenda a legalidade, un auténtico desenvolvemento sostible e se empeñe na defensa da VIDA e da RÍA, na que residen e traballan decenas de miles de cidadans e cidadás, que hoxe están en perigo.
Invitamos á Corporación Municipal a sumarse á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, para o próximo domingo día 8.
Ferrol, 3 de Xuño de 2008
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL
Prégase difusión
A nova nos xornais
- Encerro de opositores a Reganosa no Concello de Ferrol
- Ferrol 8 de xuño: Comunicado de Galiza Non Se Vende
- Peche do Comité de emerxencia no Concello de Ferrol
- Peche no Concello de Ferrol para esixir que o alcalde rexeite a Reganosa
- O Comité Cidadán de Emerxencia inicia un peche no concello de Ferrol
- Peche "indefinido" do Comité Cidadán no Concello de Ferrol para esixir un posicionamento do goberno local
- Encerro de opositores a Reganosa no Concello de Ferrol para esixir un posicionamento "claro" contra Reganosa
- Encierro en la casa consitorial para reclamar un posicionamiento "claro" contra Reganosa
.
Sem comentários:
Enviar um comentário