quinta-feira, 5 de junho de 2008

Escrito de Solidariedade cos veciños pechados no concello de Ferrol



Arceibe quere expresar o seu total apoio e solidariedade cos membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría, pechados no Concello de Ferrol en defensa do Mar e a Vida. Ainda está na lembranza de todos a coraxe dos veciños de Méa (Mugardos) que mantiveron un heroíco peche durante 103 días, para denunciar a ilegalidade e perigosidade da Planta de Gas de Reganosa que a Xunta de Galicia permitíu instalar a escasos mts das súas casas.

É unha verdadeira barbaridade o proxecto de dinamitar a canle de entrada da Ría con cartos públicos, poñendo en serio perigo ós castelos da Palma e San Felipe, esquecendo as súas aspiracións a Patrimonio da Humanidade. De todos é sabido que é para favorecer os intereses dunha empresa privada. Que non nos vendan a película que é por seguridade!! aínda ampliando o calado da ría, os gaseiros seguirán incumprindo coas leis internacionais.

Vai sendo hora que as empresas cumpran as leis, empezando pola distancia á poboación.
Vai sendo hora de poñer no seu sitio a políticos e empresarios que fan de nós un pandeiro.
Isto só pasa en países con políticas do terceiro mundo, onde manda o carto, mentres desprezan a vida, en paises nos que permiten instalar fábricas perigosas á carón das casas. Políticos que pasaran á historia como o que son...

Dende aquí agradecer, cunha aperta, á xente do comité que se atopa pechado no concello dende o 3 de Xuño dunha maneira desinteresada facendo un labor que correspondería a todos os cidadans de ben, este peche lles honra. Animo a todos os cidadans concienzados a que participen na manifestación convocada para o domingo día 8 de Xuño ás 12 do mediodía, polo Comité Cidadán de Emerxencia no Porto de Ferrol.

PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Ferrol a 5 de xuño de 2008

Arceibe


.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas