quarta-feira, 12 de março de 2008

Os veciños de Santa Fe (Zaragoza) non queren a Estación de Compresión que ENAGAS construíu xunto ás súas casas



Nova do pasado Novembro en antena televisión


por chapamio



Foto collida na bitácora de Mamentxu

(c+p Mamentxu) Fai uns meses, na rotonda de Santa Fe, construíu ENAGAS unha planta de sobre-presión do gasoduto Barcelona-Bilbao para incrementar o caudal de gas a Barcelona. En setembro de 2006 o Departamento de Obras Públicas do Goberno de Aragón cualificouna de "molesta, nociva e perigosa".

Este tipo de instalacións, "como regra xeral, debe estar a 2.000 metros a contar do núcleo máis próximo da poboación agrupada", e evidentemente, non se cumpre esa regra. É preceptivo notificar aos veciños a instalación, e o Concello de Zaragoza, termo ao que pertence a parcela, pois non o fixo. A pesar de asegurar desde a instalación que todas as emisións estarían dentro dos "límites legais", fai unhas semanas realizouse unha proba de funcionamento, e segundo os veciños, parecía polo ruído que sobrevoaban cazas, ademais dun forte cheiro a gas. (Artigo Completo en Mamentxu)


Máis

(Anaco escolleito de
Santa Fe. blog)
"Achegándonos á andrómena que nos puxeron
xunto ás nosas casas un dáse conta do perigo que nos ha de supor o ter unha planta deste calibre (25.000 m2.) queimando gas todo o día, todos os días do ano. Pegada á vía do tren, á autovía Mudejar, á estrada nacional. Cerca do Colexio Británico, dos polígonos industriais, das dúas gasolineiras (o temido efecto dominó). E ameazando a vida de todos os veciños que eliximos esta zona porque pensamos que imos mellorar a nosa calidade de vida.

¡Non o imos a consentir!."

(Artigo completo Aquí)

Fontes
Mamentxu
Santa Fe

.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas