quarta-feira, 5 de março de 2008

Non á investigación con árbores transxénicas en Compostela (Verdegaia)


Foto atopada en red frente transgenicos

Verdegaia O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) construirá no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas, en Compostela, o primeiro invernadoiro de Galicia destinado á Biotecnoloxía Forestal, ou sexa, á investigación de árbores modificadas xeneticamente. Verdegaia ven de trasladarlle á Consellería de Medioambiente a esixencia de anular a decisión de construír en Santiago de Compostela o primeiro invernadoiro de Galicia dirixido ao traballo con plantas transxénicas; que a Xunta comprométase a non destinar recursos públicos á investigación de árbores modificadas xeneticamente; e a elaboración dunha Lei que prohiba as árbores xeneticamente modificadas -incluíndo os ensaios de campo- en Galicia. (Artigo completo en Verdegaia )


.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas