domingo, 27 de janeiro de 2008

O nivel do mar subiu en Galiza entre 10 e 17 centímetros en medio século e prevese que en 2050 cubra 15 metros de praia

(c+p) do Xornal A PENEIRA

Está máis afectada que no Mediterráneo, onde o mar medrou 8 centímetros


Praia das catedrais


O cambio climático vai guindando, día a día, unha serie de evidencias que os científicos intentan coñecer para buscar medidas que permitan facerlle fronte. Unha das revelacións coñecida ata agora sobre os efectos do quecemento global refírese ao mar e, neste punto, os expertos xa apuntan a que a costa galega rexistrou un incremento de 10 e 17 centímetros no nivel do mar na última metade do século XX.

Esta situación guinda unha conclusión tamén avanzada, e é que Galiza será unha das zonas onde maior repercusión terá a suba do nivel do mar, aínda que a afectación se apreciará de distinta forma nas poboacións galegas que están asentadas no eixe Atlántico e no área correspondente ao mar Cantábrico.

As investigacións realizadas ao respecto, apuntan a que no litoral cantábrico, o incremento do nivel do mar acadou os 3,5 milímetros ao ano; o que supón 17 centímetros ao longo de medio século. Son, pois, entre 2 e 5 centímetros máis da suba rexistrada na costa Atlántica, onde os estudosos han detectado aumentos que oscilan entre os dous e os tres milímetros anuais. O resultado: as augas atlánticas medraron entre 10 e 15 centímetros na segunda metade do século XX.

As cifras, aínda que tamén negativas, ofrecen un panorama, de entrada, máis esperanzador para o área mediterránea, que no mesmo período experimentou unha subida do nivel do mar de oito centímetros. En todo caso, moi por debaixo da influencia que o troco climático ten na costa galega, sexa no área Atlántica ou a Cantábrica.

Estes son, a groso modo, os resultados dos últimos informes que veñen a demostrar que o desxeo e a dilatación do auga (ao existir máis temperatura o auga ten menos densidade e aumenta o nivel do mar) derivada do quecemento global xa repercute de forma directa en territorio galego.

De feito, entre as previsións que se manexan para as próximas décadas, atópase unha que indica que nos próximos 50 anos, a comunidade podería recortar varios metros das súas praias, dado que a suba do nivel do mar prevista é de 35 centímetros.

Dado que o aumento do nivel do mar vén derivado, igualmente, do quecemento global, a temperatura das augas é outro factor que preocupa aos investigadores. Ao respecto, un estudo realizado polo Instituto de Investigacións Mariñas rebela que a temperatura das augas superficiais dos océanos está rexistrando un aumento que definiron como han alarmante, aínda que tamén detéctanse diferencias entre uns lugares e outros.

En relación coas rías Baixas, de acordo con este estudo titulado 'A temperatura media dás augas superficiais ten aumentado 1,0 ± 0,1 ºC nos derradeiros 40 anos', conclúese que a menos de 50 millas a temperatura media aumentou nun grao nos últimos 40 anos, se ben os principais cambios detéctanse nos últimos 30 anos, pois foi cando comezouse a rexistrar un aumento de 0,27 graos por década.
(c+p) A PENEIRA

Via Chuza

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas