Erva denuncia o proxecto do lago das Pontes como tapadeira dos vertidos da futura ENCE
Foto Anosaterra diario O grupo ecoloxista ERVA considera que o proxecto de facer un lago nas Pontes respode á vontade do bipartido de levar ENCE para este concello, perpetuando un modelo forestal e industrial de corte colonialista e claramente perxudicial para o país. ERVA CALIFICA DE DESPROPÓSITO E ESTAFA AMBIENTAL O PROXECTO DO LAGO ARTIFICIAL DAS PONTES
Ante as novas aparecidas recentemente nos medios de comunicación referidas ao peche da mina de lignito das Pontes e á inminente execución do proxecto de criación do lago artificial que cobriría a antiga mina, o grupo ecoloxista ERVA quere manifestar o seu rotundo rexeitamento ao citado proxecto, nas condicións actuais nas que se encontra a mina.
O presente proxecto de criación do lago adoece de importantes eivas técnicas e non se lle deu solución a condicionantes ambientais existentes de grande transcendéncia. Estas cuestións, de non se resolver antes de iniciar o asulagamento da mina, van impedir a medio prazo o uso recreativo do lago. Estes lastres e condicionantes son:
- A imposibilidade de “selar” ou desactivar os frentes do mineral e os depósitos de lignito non extraídos pola sua escasa rendibilidade económica, así como as ladeiras ácidas ou hiperácidas que permanecerán asulagadas en ambientes non anóxicos (ata 8-10 metros de profundidade). Isto provocará a paulatina acidificación do lago, de maneira que o periodo real de vixéncia das actividades recreativas proxectadas será moi breve. A partir dese período serán necesários labores de reparación de grande custo económico, que implicarían o vaciado parcial do lago.
- Segundo o proxecto, o control das aguas de escorrentía das zonas ácidas e hiperácidas non asulagadas implicará o mantimento dunha canle de recollida de aguas para o seu traslado a outro lago de aguas ácidas non apto para actividades recreativas. A existéncia deste lago e desta canle introducen factores de risco a medio prazo (desprendimentos, bloqueos da canle, fugas de aguas ácidas, etc.) que reforzarían a probabilidade de acidificación do lago destinado a usos recreativos.
- Os prazos de tempo barallados para encher de agua a mina (4-5 anos) implican detraer do río Eume un caudal que non garantiría o mantimento das condicións ecolóxicas do próprio rio aguas abaixo do lago, o cal suporía un impacto de enorme gravidade sobre a fauna e a flora ribeiriña durante o periodo de formación do lago.
Precisamente, a insisténcia en abordar o proxecto de forma inminente e dispoñer do lago en 4-5 anos fai pensar que a Consellería de Medio Ambiente o que realmente pretende é favorecer o traslado da celulosa de ENCE a As Pontes, tal como adiantaba algún medio de comunicación. A existéncia deste lago a partir do ano 2013 permitiría á multinacional forestal contar cun grande caudal de agua onde diluir os seus vertidos, puidendo iniciar o seu traslado nesta lexislatura e comezar a producir na nova ubicación a partir dese mesmo ano 2013. Por iso, resulta lamentável que se condicionen os ritmos de recuperación ambiental da mina das Pontes aos intereses doutra das empresas máis contaminantes de Galiza.
Universo Nosso - Programa 3 da temporada 02
-
13/04/2025
A Brincarmos na Rádio Filispim!
No domingo 13 de abril de 2025 voltamos à rádio para elaborar e emitir ao
vivo o terceiro programa da segund...
Ruído, son e palabra
-
Por deformación cultural cremos que primeiro foi a palabra, pero
seguramente o primeiro que houbo foi o ruído e despois este deu lugar ao
son da música e á...
La granja humana
-
[image: orangutan]07-07-2019 - En la actualidad, tanto la especie humana
como el resto de seres vivos, hemos dejado nuestro libre albedrío y nuestra
capa...
Perhaps slot machines will help me
-
I had gone through a terrible virus six months ago. While I was over the
worst of it now, I was left with some neurological complications that
really irr...
A gran aposta
-
*La ciudad parece mi amiga, hoy es mi día y nadie me lo va a arruinar. Las
chicas de la esquina ríen con picardía, yo se que es lo que quieren y se lo ...
José Manuel Souto
-
O mércores 3 de outubro pasado o barrio perdeu ao seu grande puntal, José
Manuel Souto, responsable da Cáritas Parroquial de Santa Cruz e persoa
absoluta...
Manifestación CIG 1 de Maio 2018
-
[image: Premer para ver as fotos]
[image: Creative Commons License] This obra by susete70 is licensed under a Creative
Commons Reconocimiento-No comerc...
Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE
-
Hoxe, no Ateneo Ferrolán, o Comité Cidadán de Emerxencia ofreceu unha Rolda
de Prensa, que contou coa presenza e o apoio explícito da Deputada de En
Mar...
Ábrete de orellas XLV, 22-setembro-2014
-
estudio de Rádio FilispiM, Ferrol,
22-setembro-2014
podcast do programa
sintonía
- *Pablo Novoa *"Soy un pato" ("Novoa cruza el Atlántico", Subterfuge...
Morre SOQNF. Mas morre de rir
-
Nom está bem rir das desgraças alheias. Mas rir das próprias desgraças nom
está mal. Precisamente isso foi o que figemos na passada quinta-feira, 15
de s...
Tartaruga "BASTEIRA" (Caretta caretta) - No océano
-
*Liberada en alta mar polos compañeros da CEMMA, a Tartaruga mariña común
ou Tortuga Boba (Caretta caretta) que chamamos BASTEIRA porque apareceu
aboiando ...
Sem comentários:
Enviar um comentário