(c+p Diadasletrasgalegas.com) Naceu en Tui (Pontevedra) en 1915, e faleceu en Vigo en 1985.
Escritor en lingua galega e castelá, Álvarez Blázquez é fillo de Darío Álvarez Limeses, militou nunha Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galerista. Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real Academia Galega e dous anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións Castrelos.
Da súa obra en galego destacan a colección de relatos "Os ruíns" (1936) e "A pega rabilongo e outras historias de tesouros" (1971), no xénero da narrativa infantil. Entre a súa obra lírica, o poemario, realizado xunto co seu irmán Emilio, "Poemas de ti e de min" (1949), "Roseira do teu mencer" (1950), "Cancioneiro de Monfero" (1953), unha das obras claves do neotrobadorismo, "Romance do pescador peleriño" (1954), ademais de "Canle segredo", escrito no 1954 e publicado no 1976.
Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: "A poesía dos séculos XIV a XIX" (1959), "Escolma de epigramas" (1968), e "Escolma de poesía medieval" (1975).
En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela "En el pueblo hay caras nuevas" (1945).
A RAG, basea a súa decisión de homenaxear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura", e destacou tamén o seu "importante labor" como;
Ise neno da rúa
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡
Máis información en: Diadasletrasgalegas.com
.
Sem comentários:
Enviar um comentário