sábado, 15 de dezembro de 2007

Vídeo Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador CCE

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: Arceibe@hotmail.com
Data: 14 de dezembro de 2007 13:12
Asunto: Vídeo Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador CCE


A Asociación Cultural
Fuco Buxán
organiza para o
martes 18 de Decembro, ás 20 horas
no Centro Cultural Carballo Calero
a presentación pública do documental
Este documental, centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes a un cursillo de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción, estando prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo Acsur.

Asemade, este acto, que pretende sensibilizar a opinión pública en torno a ría de Ferrol e á maior agresión mediaoambiental que se da no noso país, incorpora un recoñecemento público a persoa de:

Carmelo Teixeiro Menéndez
membro de Fuco Buxán e
En agradecemento do seu compromiso social e político, do seu traballo, constante e discreto, na defensa dos valores humanos, dunha democracia de calidade, dunha sociedade cohesionada en base á xustiza social e pola defensa medio ambiental da ría de Ferrol.

Intervirán:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente de Fuco Buxán,
Camilo Nogueira Román
Ex -Deputado no Parlamento Europeo
Proxección do vídeo
(presentado por Silvia Chocarro Marcesse e Manuel Cendán Dopico, organizadores do Curso)
e agasallo por parte de Fuco Buxán a Carmelo Teixeiro.

Ó tempo que convidamos a tódala cidadanía a participar deste acto, agradecemo-la colaboración das persoas e entidades que facilitaron a súa realización.

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas