domingo, 23 de dezembro de 2007

"En el mundo a cada rato"




Trailer do filme

"En el mundo a cada rato"

Javier Fesser, Patricia Ferreira, Chus Gutiérrez, Pere Joan Ventura e Javier Corcuera dirixen cinco curtametraxes que denuncian os problemas que sofren os nenos no mundo.

Producida por 'Tus ojos' en colaboración con UNICEF como unha contribución do cine á protección dos dereitos da infancia no mundo, o filme componse de cinco historias que abordan a educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/sida e a protección contra a violencia, a explotación, e a discriminación.


"Binta y la gran idea"


"Binta y la gran idea"
escrita e dirixida por Javier Fesser


Cartel del cortometraje


Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea xunto ao río Casamance no sur de Senegal e vai ao colexio. A súa curmá Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu.


Fontes

http://www.enelmundoacadarato.org/
http://www.unicef.es/contenidos/199/?idtemplate=1
http://www.tusojos.tv/cercadeti.htm

Sem comentários:

Nas bitácoras amigas