terça-feira, 29 de setembro de 2009

sexta-feira, 18 de setembro de 2009

quinta-feira, 17 de setembro de 2009

Vídeo - Destrución do Val do Maceiras


Vídeo by martarovaz72

Vía Reganosa Demolizón

.

A Reserva Mariña dos Miñarzos é o mellor exemplo de pesca sostible para WWF-Adena

Foto atopada en UniversalOcean

A Reserva Mariña dos Miñarzos continúa a promoverse polo mundo enteiro, como un dos mellores exemplos de desenvolvemento sostible. A Reserva, desenvolta perfectamente pola Confraría de Lira a través do proxecto Mardelira http://www.mardelira.net/ mantén a pesca sostible como bandeira. Esta idea está a provocar que a calidade da marca suba enteiros e o seu nome chegue xa a todo o mundo. Corroborao o feito de que a asociación Internacional WWF-Adena teña unha exposición itinerante sobre a Reserva dos Miñarzos:

Nova vía chuza por Socram


.

quarta-feira, 16 de setembro de 2009

As emisións de Gases de Efecto Invernadoiro en Galicia aumentaron o 23,4% entre 1990 e 2007


As emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia aumentaron o 23,4% entre 1990 e 2007. Este e outros datos recóllense no informe "As emisións de GEI en Galicia (1990-2007)", no que se difunden publicamente por primeira vez datos sobre as emisións en 2007. As emisións de GEI en Galicia incrementáronse menos que en España pero máis que no conxunto dos países desenvolvidos. As centrais térmicas de carbón achegaron o 39,5% das emisións en 2007. O transporte é o sector onde máis aumentaron as emisións desde 1990... (Artigo completo en Verdegaia) http://www.verdegaia.org/content/view/922/122/

Documento Pdf:
.

Nota de prensa de Gzvídeos pola persecución aos seus reporteiros e posteriores denuncias falsas da Policía


GZvídeos denuncia o último caso de perseguição dos seus reporteiros e enumera uma lista de acontecimentos contra membros deste colectivo, desde interrogatórios em dependências da Guarda Civil a multas por gravar manifestações «ilegais» e (supostamente) participar nelas. Igualmente, anunciam para quinta-feira (dia 17 de setembro) uma concentração em apoio da reporteira.

.

En defensa de Cabo Touriñán - Boicote aos produtos do Grupo Pescanova


Ti podes esixirlles a políticos e empresarios sen escrúpulos que cumpran a lei: participa con ADEGA na defensa de Touriñán e boicota os produtos de Pescanova !
.

Unha burbulla piscícola na costa galega por Manoel Santos (Altermundo / Plataforma Ambiental de Corrubedo)

Foto vía Altermundo


Manoel Santos (Altermundo / Plataforma Ambiental de Corrubedo)

Feijóo insiste en reproducir o mesmo modelo acuícola dos dous gobernos anteriores, confiando a cegas nun sistema de produción de alimentos radicalmente insustentábel, alleo á estrutura social e económica do noso litoral e que terá efectos devastadores –e irreversíbeis– no ambiente galego. Un modelo burbullante que confirma as teses daquel concepto de “colonialismo interior” que Xosé Manuel Beiras trouxo a Galiza na década de 1970 da man do recentemente finado Robért Lafont... (Artigo completo en Altermundo)

http://www.altermundo.org/content/view/2604/1/

Vía Chuza - http://chuza.org/historia/unha-burbulla-piscicola-na-costa-galega/

Novas Relacionadas

- A acuicultura industrial en Galiza: o que diga Pescanova
- 'O Ministerio nunca aprobou a planta de Touriñán'
- A Xunta di a Espinosa que a planta de Touriñán conta con informes ambientais
- A ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, critica a decisión da Xunta sobre a piscifactoría de Touriñán
- O BNG leva á Eurocámara a piscifactoría de Touriñán
- Boicot contra os produtos de Pescanova en defensa de Touriñán
- A Xunta volve satisfacer intereses privados e autoriza a piscifactoría de Cabo Touriñán
- Bieito Lobeira pide presión social para evitar a agresión a Touriñan
- Oceana rexeita a planta de Cabo Touriñán e pide protexer a Rede Natura das piscifactorías

.

domingo, 13 de setembro de 2009

Unha foto malograda

Imaxe dende a rede Galiza Non Se Vende

Anaco copiado dunha nova da bitácora da rede GNSV titulada - "11 de setembro: Xornada de loita en defensa do Salgueirón"

...A nota discordante puxérona uns asistentes que non foran convidados. Referímonos aos representantes do BNG, Teresa Táboas e Bieito Lobeira, que se presentaron no lugar coa intención de saír na foto. Pero a foto saíulles bastante movida e moi desenfocada.
É un insulto á intelixencia dos veciños e veciñas de Cangas que estas persoas tiveran o descaro e o atrevemento de presentarse alí, cando nas mans da súa compañeira de partido e alcaldesa de Cangas, Clara Millán, está a posibilidade (e a obriga) de parar esas obras con só asinar un papel, pois, entre outras moitas irregularidades, carecen de licencia municipal. Pero Caixanova (ou caixa rouba), accionista maioritaria da empresa promotora, é moi… como dicir… influínte?
E a foto saíulles movida porque os berros de “Bloque, PSOE, PP, a mesma merda é”, “BNG fora de Massó”, hipócritas, vendidos, corruptos e outras lindezas, acompañáronnos moi de cerca, cara con cara, tanto cando embarcaron nun dos barcos como cando, unha hora despois, saíron del a toda presa e fuxiron peirao adiante como almas que leva o demo. E aínda no mesmo barco tiveron que oír bastantes cousas. Deuse ademais a circunstancia de que sobre as 11:30 toda a flota tomou rumbo á casa do concello, moi próxima ao mar, para levar á alcaldesa a protesta. As súas caras alí eran todo un poema...





.

sábado, 12 de setembro de 2009

Repsol - 45 anos vivindo xunto á ''bomba controlada'' (ElPaís)



...no medio do val da Coruña, onde o Goberno de Franco decidiu no 1962 instalar unha industria para destilar petróleos. As sucesivas ampliacións dos anos 70 cercaron ese pequeno barrio coruñés con aspecto de aldea. "Rodeáronnos e illáronnos, sen unha saída de emerxencia... Pero hai un plan de emerxencia e evacuación, aprobado pola Xunta, do que a poboación non sabe nada. Nin unha charla, nin un folleto, nin aínda menos un simulacro, din os veciños dos tres barrios máis próximos (4.500 habitantes)...

[Artigo completo en ElPaís]

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/45/anos/viviendo/junto/bomba/controlada/elpepiautgal/20090912elpgal_20/Tes


.

Web da futura Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU)



A Asociación Galega de Horticultura Urbana, aínda está a preparar os estatutos para se constituír, e presentan o seu web para convidar a quen queira a ser socio fundador. Pretende servir de centro de encontro entre os afecionados ao cultivo urbano en Galicia; planificar charlas, cursinhos e eventos para extender a cultura hortícula entre os urbanitas galegos. Servir de punto de intercambio de productos producidos de forma ecolóxica, excedentes, sementes, etc. Organizar festas, mercadilhos, encontros gastronómicos, etc.

Web - http://www.hortaurbana.info/
Via Chuza - http://chuza.org/historia/presenta-se-o-web-da-asociacion-galega-de-horticultura-urbana/

.

sexta-feira, 11 de setembro de 2009

Verdegaia, Amigos da Terra e Greenpeace constitúen a Alianza Galega polo Clima



Nova c+p Verdegaia

A iniciativa de Verdegaia, Amigos da Terra e Greenpeace, vén de se constituír a Alianza Galega polo Clima, unha alianza aberta de organizacións sociais que nace co obxectivo de fortalecer a resposta social ao desafío da mudanza climática. A Alianza acha que Galicia é parte da crise climática global e que debe asumir a súa responsabilidade na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, apostando por unha economía baixa en carbono que sexa sustentable e xusta. Podes ler a declaración de principios e intencións no blog da Alianza Galega polo Clima.

.

REGANOSA, ENDESA, ENCE - Opinión de Miguel Fernández e Fernández

C+P Canariodopenedo

Opinión do Almirante retirado, Miguel Fernández e Fernández

O pasado ano secaron moitas árbores, legumes e plantas en Ferrolterra. Os paisanos estaban firmemente convencidos de que foi unha choiva aceda das Pontes, esa pluma pestilente que se ve sobre Ferrol e que, en ocasións foi detectada nas illas británicas. Quizais fose suficiente para evitalo con que na central das Pontes utilizasen os filtros correspondentes e regulamentarios.
Decátome de que a innombrable Reganosa, a planta de gas, facendo oídos xordos ás protestas cidadás, quere dobrar a súa produción e voar a canle de entrada á ría de Ferrol para que poidan entrar barcos aínda mais grandes, con máis carga sucia, con máis risco engadido a esta ría fermosa que converten, aos poucos, inexorablemente, impunemente, no vertedoiro de Galicia. Recentemente entrou un barco gasero para reparar cuxas dimensións eran maiores que tres campos de fútbol unidos en serie. Non se trata de ampliar o calado da rías, trátase de que non someterse a semellantes riscos, para iso debería estar o porto exterior.
Tamén me din que se baralla, aínda que non se quen "reparte" esas cartas, a idea de trasladar a planta de papel de Pontevedra, ao área de Ferrolterra.
Se había unha posibilidade de que coa posta en marcha da depuradora de residuos urbanos mellorase a calidade das augas da ría, que xa se renovan con máis dificultade que antes, como consecuencia do obstáculo que ofrece o enorme peirao de porto exterior que foi proxectado inicialmente, segundo teño entendido, para a metade das súas dimensións actuais, con esta noticia xa van quedando poucas esperanzas, de ver a ría limpa.
Por certo que fai xa moitos anos, tamén se tratou de instalar a Depuradora de augas residuais, inicialmente por políticos máis ben conservadores dentro da ría, na Graña e tivo lugar unha longa batalla para impedir ese desmán. Se é que non gañamos para sustos. Imaxino que sería demasiado pedir que os políticos deixen de darnos respostas alegando que estes investimentos son de carácter "estratéxico", palabra máxica hábilmente seleccionada para facer encoller o corazón dos pusilánimes.
Imaxino que sería demasiado pedir que os políticos pensen máis no interese dos cidadáns que nas ordes superiores do partido e que cumpran as leis e fagan que os grandes empresarios, bancos e caixas tamén a cumpran. Imaxino que, como case sempre nestes países onde se sofre unha férrea ditadura demócrata só pódense resolver estes problemas, lamentablemente a touro pasado, con manifestacións de cidadáns indignados ante os responsables políticos, que puidesen ser filmadas por xornalistas honestos e non sicarios de ningún poder.
E non imaxino, senón que teño a seguridade, de que unha protesta semellante afectaría aos votos dos políticos de quenda e obrigaríaos considerar que deben prestar atención a ese problema, que é como dicir ao dos seus votos.

A nova no Diario de Ferrol

Nas bitácoras amigas