sexta-feira, 31 de outubro de 2008

Aínda que Ferrol é terra de mariños... Afundidos

(Canido Sostible)
Foto dende Canido Sostible


(Artigo de opinión dende Canido Sostible)

Aínda que Ferrol é terra de mariños, parece que escasean políticos que seipan levar un barco.
Estamos fodidos, non levantamos cabeza.
Teño que confesar que pensei que esta lexistaltura era a de Ferrol. Despois de dez anos de esplendor vendo como todas as cidades e pobos, con independencia do seu color político, se desenvolvían a todos os niveis, por estos lares unha manada de borregos que non sabían qué facer co timón do goberno municipal, perdían unha tras outra todas as oportunidades para facer de Ferrol a cidade que todos esperábamos.
A inestabilidade política patolóxica que reina no concello vaise contaxiando de corporación en corporación cuns síntomas que van dende a estupidez absoluta ate a inoperatividade levada ao seu grado máis elevado. Xardíns sen ningún coidado, rúas e aceiras propias de Uganda, talas absurdas, monumentos de debuxos animados, obras ridículas, sentidos de circulación pensados co cú, cascos históricos abandonados, barrios terceiromundistas, metres noutros lares se transformaban as cidades con riadas de inversións.
Ésta é a lexislatura pensei. Nesta nos toca a nós decía sempre. Tivemos mala sorte, pero agora nos toca a nós. Por fin un goberno estable, de esquerdas e serio. Xente de peso específico pensaba para min. A verdade e que desexaba profundamente. Quería pensar que eso sería así, pero solo era un espexismo.
A rotura deste goberno vainos costar moi caro. Creo que é o peor erro que se podía cometer. É a entrega en bandexa de plata das próximas eleccións á dereita.
O peor de todo é que os barrios menos desenvolvidos como Canido pagarán o pato.

(Enlaza co artigo orixinal en Canido Sostible)

Colgada en Chuza

Relacionado

.

quinta-feira, 30 de outubro de 2008

Atopan mercurio na auga da Ría de Pontevedra


Greenpeace evidencia nun informe os perigos aos que a industria do cloro expón a cidadáns e medio ambiente

No 2007 Greenpeace recolleu mostras de augas residuais, sedimentos... do entorno das industrias para proceder á sua análise na Universidade de Exeter (Reino Unido). Nas inmediacións de Ence en Lourizán (Pontevedra), onde non se levaron a cabo verquidos nos últimos cinco anos, rexistráronse 1,5 mg/kg de mercurio nunha zona onde actualmente traballan os mariscadores. Na maioría dos verteduras detectáronse metais pesados, como mercurio, cadmio e outros contaminantes característicos desta industria, tales como cloruro de vinilo, dicloroetileno ou cloroformo.... (artigo completo Greenpeace)

APDR denuncia a Ence




.

terça-feira, 28 de outubro de 2008

Magosto popular "A Ría na Rúa"


Este Sábado 1 de Novembro, terá lugar o acto final da Campaña "A Ría na Rúa", onde 10 artistas encheron 10 prazas da cidade con arte, solidariedade, reivindicación e denuncia, en protesta polo despropósito gasístico de REGANOSA, que ameaza a vida de miles de persoas. As obras podense ver en cada praza, até o Sábado, onde, nun acto central, xuntaranse as 10 obras no Centro Cívico de Caranza, desde as 5 da tarde, onde haberá música e un magosto popular, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Participa !!
.

Lugares para Lembrar: San Felipe (Ferrol)

A foto en Panoramio
.

Roteiro polas Prazas de Ferrol "A Ría na Rúa"

Parte 1

Parte 2

Vídeos by Fuco Buxán
A Web http://www.fucobuxan.com/

A Ría na Rúa (video)



Vídeo by susete70

.

segunda-feira, 27 de outubro de 2008

Murais solidarias dos nosos artistas

María Manuela (Centro Cívico de Caranza)

Carmen Martín (Praza de Ultramar)

Novás (Praza do Inferniño)

Miguel Anxo Varela (Praza do Himno Galego)

Suso Bastarrechea (Praza de España)

Eduardo Hermida (Praza de Canido)

Nadales (Praza de Armas)
Ladislau da Regueira (Praza da Constitución)
Gustavo Sequeiro (Praza de Amboaxe)

Leandro (Praza Vella)


As fotos son da Asociación Fuco Buxán

.

Nota de prensa dende SOS Courel

A foto en Panoramio


(Enlaza co artigo orixinal en Galiza non se vende)

A vista das manifestacións do Fiscal Xefe do TSX de Galicia, das que se fixeron eco os medios de comunicación, sobre a falta de sensibilidade da cidadanía a hora de denunciar atentados contra o Patrimonio Cultural da Galiza, esta asociación quere facer as seguintes manifestacións:


1.- Mandaremos á Fiscalía da Coruña un inventario dos atentados do Courel, por que estamos totalmente de acordo co Sr Fiscal na escaseza de denuncias, tendo en conta que son as propias Administracións, non só as que non denuncian, se non que son as primeiras en esnaquizar o Patrimonio Cultural impunemente, isto alomenos é o que se ve no caso desta Serra, de xeito flagrante, por parte de moitas Institucións Administrativas.

2.- O Courel no seu conxunto pertence ao Patrimonio Cultural, dende que foi declarado no ano 1991 (Dog 19 de xuño de 1991), por as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Espacio Natural con especial protección urbanística. Así aténdose a esta normativa, a Xunta ordenou o Peche da Canteira da Campa en 2002 argumentando:


“As obras da canteira están a afectar a unha superficie de 306,250 metros cadrados (30,625 hectáreas), en terreos ós que se lles recoñece unha especial protección urbanística e medioambiental.

Para o exercicio da actividade de explotación establécense frontes de mina de ata 130 metros de altura, realizándose obras de retirada da cobertura natural con palas cargadoras e dumpers e obras de arranque do material por desmonte con palas cargadoras-excavadoras axudándose con perforación por voaduras e utilización de mechas de pólvora de mina, para favorecer o despegue dos bloques.


Se evidencia e se pon de manifesto coa simple observación da reportaxe fotográfica obrante no expediente, que se está a producir a destrucción dunha enorme superficie de masas forestais e vexetación, a alteración substancial da morfoloxía dos terreos, cos grandes desmontes para a extracción da pizarra e a apertura de pistas para o acceso de maquinaria pesada; a erosión do solo e subsolo, e en consecuencia a completa alteración da paisaxe rural, cun impacto visual que desfigura a harmonía da paisaxe, producindo a devastación de valores medioambientais e paisaxísticos, e graves e irreparables danos do espacio natural de O Courel”

A orden de peche foi confirmada por o TSXG, pero a Xunta non só non cumpriu a súa propia orde, se non que lle deu autorización Autonómica en xuño de 2007, cinco anos despois, alegando os postos de traballo. Porén, non se preocupa agora a Xunta dos/as traballadores/as das canteiras de Quiroga que non cobran dende xa fai varios meses ao pecharse os bancos de extracción afundidos entre os seus propios escombros. Agora os Concellos afectados non van convocar ningún pleno extraordinario para perseguir a o empresario ! A día de hoxe a canteira da Campa traballa aínda sen licencia Municipal de apertura por non cumprir o condicionado que se lle impuxo.


3.- Tamén mandaremos ao Sr Fiscal, unha relación de canteiras abandonadas sen restaurar, entre elas a de Romeor, con 20 hectáreas afectadas que chegou a invadir o coñecido Túnel-acueducto de Romeor.


4.- Tamén mandaremos unha relación das desfeitas incribles producidas pola Consellería de Medio Rural, co consentimento da Consellería de medio Ambiente e do Concello de Folgoso do Courel, consistentes na apertura indiscriminada de pistas, cortalumes e plantación de piñeiros por todo o Courel. Afectando mámoas, castros, covas, camiños tradiccionais, paisaxe cultural, devesas e a desfeita do perímetro de protección de Froxán e Seceda, aldeas declaradas Ben de Interese Cultural:



Estas accións de medio Rural tamén levan consigo a destrucción da Rede Natura e os seus valores educativos e científicos ( Patrimonio Cultural), ademais de incumprir gravemente a normativa europea como o disposto no artigo 6º da Directiva 92/43/CEE:


En caso de que el lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural y/o una especie prioritarios, únicamente se podrán alegar consideraciones relacionadas con la salud humana y la seguridad pública, o relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para el medio ambiente, o bien, previa consulta a la Comisión, otras razones imperiosas de interés público de primer orden.

A Comisión Europea xa emprazou a España para levala ante os Tribunais de Xustiza por o caso da canteira da Campa.


5.- Enviarémoslle ao Sr Fiscal, a denuncia que SOS Courel presentou ante D. José Jiménez Jiménez, Director General de Bellas Artes y Bienes Culturales, no Ministerio de Cultura del Goberno del Estado Español. Xa requiriron á Xunta de Galicia e ao Concello, sen que recibiran contestación nin xustificación algunha. Para informarse sobre o estado de tramitación chamar ao S. Lorenzo Martín, Subdirector de Bienes Culturales, 91 7017035.


6.- Tamén lle mandaremos un repertorio de atentados perpretados para intimidar a membros de SOS Courel, sen que foran condenados por ninguén, entre os que podemos atopar: ataques ás tumbas de familiares, convocatoria de manifestacións ilegais, Plenos extraordinarios ilegais e ata tres incendios no entorno da aldea de un dos nosos socios; todo elo sen que se concluíra a correspondente investigación. Estas vendetas impunes, non xustifican pero explican o porque da falta de denunciantes do espolio do Patrimonio Cultural. Meterse en complicacións ! Para que ? De todos os xeitos nós seguiremos informando de todas as desfeitas do Courel.


7.- Engadiremos o estudio xurídico do Valedor do Pobo, onde se pon de manifesto o desbaraxuste administrativo e legal que se cerne sobre o Courel.

Enviamos no axunto unha foto de unha pista de 2008 na Devesa da Rogueira, que duplicou o ancho de unha feita polo Goberno anterior da Xunta, que destruíu un camiño milenario, unha fundición romana e o circo do Glaciar de Céramo ( Formigueiros). Incrible o que poden chegar a facer co mellor bosque galego !



Artigo de Galiza non se vende




Relacionado


.

Quere Touriño repetir outras Encrobas?

Foto de A Nosa Terra

(Artigo orixinal de A Nosa Terra)
Manuel Vilas

Agricultura ecolóxica contra o Plan Acuícola

A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica a Raíña Lupa denuncia represalias tras constituirse, co apoio de Medio Rural, como 'alternativa local' á ampliación da granxa de Stolt Sea Farm en Quilmas, parte do Plan Acuícola da Xunta. A Garda Civil comprobou que a multinacional leva anos vertendo á Rede Natura sen permiso.
Multiplicar por dez unha piscifactoría que leva anos funcionando sen permiso de vertido. Isto é o que establece o polémico Plano Acuícola da Xunta para a granxa que explota en Quilmas (Carnota) a multinacional baseada en Luxemburgo Stolt Sea Farm.

Sementar ou cementar

Na parroquia –ao pé do Monte Pindo– viven un cento de persoas, das que un grupo de quince familias están abertamente en contra da macrogranxa. Elas forman Plataforma pola Defensa Cultura de Quilmas e da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica a Raíña Lupa, unha “empresa alternativa á piscifactoría que crea riqueza para o pobo”, explica o seu voceiro e socio, Xosé Manuel Casais...

Quere Touriño repetir outras Encrobas?

Os socios da cooperativa din estar “dispostos a chegar até o final” e pregúntanse se “Touriño está disposto a aturar que se repitan en Quilmas imaxes como as das Encrobas”.
O certo é que a animadversión veciñal é fonda. “En quince anos que levan aquí só trouxeron merda, nin sequera nunca deron un peso para as festas”, laméntase un cooperativista.


STOLT DI QUE SÓ DEVOLVE 'AUGA DE MAR'
A Gardia Civil probou que a granxa de Quilmas opera sen permiso de vertedura


Axentes do SEPRONA da Guardia Civil acudiron a Quilmas en maio alertados polos veciños. Na denuncia, os gardas deixaron constancia oficial de que a fábrica carece do permiso de vertido. Ademais, indican que a tubería bota os residuos dentro da rede natura.
É máis, os cooperativistas aseguran que a planta só pediu esta autorización unha vez que a noticia saltou á prensa. De feito, mostran unha copia da solicitude de Stolt posterior ao incidente coa Garda Civil. Tamén denuncian que tras a denuncia Stolt construíu fosas sépticas para os baños dos traballadores, que antes vertían directamente ao mar.

Tres granxas sen permiso en Galiza

Unha versión negada pola empresa. “O permiso de vertidos leva cinco anos a trámite”–asegura o director da firma. García admite que, das seis granxas do grupo no país, Quilmas e outras dúas aínda “están tramitando a autorización”. Con todo, argumenta que “até o ano 2002 non era necesario un permiso de vertidos” e que a firma non é responsábel do atraso burocrático na súa consecución.
O director tamén minimiza a contaminación pois trátase “de devolución de auga do mar”. García argumenta que Pesca fixou o límite da primeira reserva mariña de Galicia a poucos metros do desaugadoiro da macropiscifactoría de Lira, próxima a Quilmas.

Vertidos orgánicos e químicos, segundo os veciños

O certo é que calquera que visita a costa de Quilmas como a auga que verte Stolt non é precisamente auga de mar. Trátase dunha mestura de cor abrancazado, cheirenta e con moitos restos orgánicos –incluídos 'galletas' enteiras que se usan para alimentar dos rodaballos.
Os veciños denuncian que o vertido tamén leva restos dos antibióticos que lles dan aos animais, deterxente para limpar os depósitos e mesmo cadáveres de peixes. Ademais, aseguran que as algas xa non medran ao redor do desaugue e da desaparición de especies, como o peón.

Artigo de A Nosa Terra
Via Chuza by reconversion.naval
tag: acuicola

.

BARBARIDADE E BARBARIE por SOS Groba

(Enlaza co artigo orixinal na bitácora de SOS Groba)

SEN DESPERDICIO: NOVAS NA PRENSA


TÓDOLOS INTERESADOS E OS LUGARES SOLICITADOS

http://www.anosaterra.org/media/media0000008424.pdf


!Que barbaridade¡ Parece que a evolución que, segundo os científicos, nos levou dos tempos da barbarie ao os tempos do progreso e , nos ultimos anos, do benestar, está a ganar a volta e levarnos outra vez aos tempos da barbarie.

Si, como diciamos onte, lle botades unha ollada a listaxe de lugares onde se pretende pór un parque eólico, non nos queda nengún reuncho no país sen tarabelas.

Houbo un tempo no que a terra era a fornecedora do traballo e do alimento da maioría. Por iso, os montes foron humanizados ata o máis pequeno e afastado recuncho para polos a producir e aproveitar os froitos que, por moi humildes que fosen, axudaban a vivir ás nosas xentes. Dende os cumes máis outos ata os vales, os galegos aproveitamos historicamente a terra, e vivímos nunha comuñón armónica coa natureza que deixou na nosa xenética un xeito especial de vivir e sentir a relación coa terra. Milleiros de anos tiveron que pasar para que ise sentimento, tan pouco entendido polos de fóra, se convertise en un dos sinais da nosa identidade. Ata os nosos poetas, notarios do que se ve e do que se sinte - máis dificil de reflectir e de explicar- deixaron nos seus versos ese amor e sentimento pola terra. Tivo que pasar todo o século XX para que, xa nos derradeiros anos, unha mutación se albisque nese xen galaico e trocara o amor e defensa da terra por un desprezo e unha especie de antropofaxía, que nos leva a destruir todo aquilo que, ata onte, era símbolo e sinal de identidade defendida e asumida por todos.

O xen parbo, lle chamaría eu, faise dominante e atordoanos a todos permitindo que nos destruan, diante das nosa nafras aquilo que nos deu e nos da a vida.

Remato, coma onte cuns versos de Celso Emilio Ferreiro:


O DEDO NA CHAGA (Discos: Loitando/As palabras dos galegos)


Estas palabras que digo
abróllanme dende o fondo
pois eu enxamais escondo
a canción que vai conmigo.
Cos meus cantares consigo
ser como o vento lixeiro
ninguén me marca o sendeiro
ninguén me dicta a canción
teño limpo o corazón
pra cantar ceibe e senlleiro.
Meu canto rudo e sinceiro
co badoco non se avén
desprecio a todo o que ten
alma servil de logreiro
sen outro Deus que o diñeiro.
Meu canto a ninguén falaga
ninguén por cantar me paga
soio o pobo meu irmán
aplaude o meu canto chan
se poño o dedo na chaga.


Suso Vaamonde - Terra


e lembrando a voz firme e rexa do ben querido e lembrado Suso Vaamonde, que de seguro, andaría, como andivemos noutros tempos, a loitar xunto a nós contra a desfeita organizada que nos ven enriba.

SOS Groba

.

domingo, 26 de outubro de 2008

A Ría na Rúa - 10 pintores en 10 prazas


(Enlaza co artigo orixinal do Comité Cidadán)
As prazas e rúas de Ferrol enchéronse onte de arte e reivindicación. Artístas plásticos, músicos, cicadás e cidadáns, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, déronse a man nas nosas rúas, nunha xornada festiva, amosando o seu rexeitamento a perigosa ubicación da Planta de Gas no interior da Ría.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Disfrutar da obra realizada
Album de fotos do Comité Cidadán
.

sábado, 25 de outubro de 2008

sexta-feira, 24 de outubro de 2008

Prólogo das xornadas de "A RÍA NA RÚA"


(Enlaza co artigo orixinal do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol)

Como prólogo ás xornadas de “A Ría na Rúa” que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e prexuízo que ocasiona a ubicación no interior de nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseros ao pé das nosas casas e as nosas vidas. Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración. O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de “Planta de Gas Fora dá Ría” participando desta marcha artística e solidaria. E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.

Enlace ao album de fotos

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA




.

"O salario do Silencio" nas cinemas KANDAHARIA

O martes 28 de outubro ás 20:00h no local da Cova da Terra (Rúa Nóreas, nº12, baixo- Lugo).
Nesta ocasión a proxección-debate xirará en torno a “El Salario del silencio”, unha historia máis de enfrontamentos entre a sociedade e o poder (económico e, por sometemento, político) unha historia máis de traizón os cidadáns, e sobre todo, a historia dun silencio cómplice que permitiu que esta maquinaria de depredación fose avanzando. Ao remate da película levarán o debate Mabel Rivera, Henrique Banet, de Namche Films SL, e Alexandre Carrodeguas, membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Tamén haberá outras proxección ao longo do curso con diferentes asociacións e temáticas, entre elas teremos en xaneiro a proxección de “Monseñor Romero” con membros de Axunica, no mes de febreiro “A las cinco de la tarde” con Axuda en Acción, e rematando con dous documentais sobre a India e Etiopía (“A semente-Etiopía”; “A Semente- India”) de Implicadas.
Xa vos iremos informando segundo se vaia acercando a data.
(Enlaza co artigo orixinal da Cova da Terra)

Trailer do documentario "O salario do Silencio"

A verdade



Vídeo by susete70

quinta-feira, 23 de outubro de 2008

DEIXEMOS DE MATALOS !!!

Os abaixo firmantes solicitamos a posta en marcha na comarca de Ferrolterra dun ALBERGUE DIGNO para os animais abandonados e maltratados, tamén a PROHIBICIÓN DO SACRIFICIO (agás eutanasias humanitarias)

Axúda a recoller firmas para conseguir un refuxio DIGNO e sen SACRIFICIOS (podes envialas á dirección de contacto por correo postal ou chamar á Asociación Cometa para que vaian a recollelas)

Relacionado
A Asociación Cometa inicia accións para rexeitar o proxecto de canceira municipal de Ferrol
(Plataforma Artabra 21)


Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com



.

quarta-feira, 22 de outubro de 2008

Xa temos "Kit de emerxencias"


Plan de alerta en Mugardos
Consellos da Xunta aos veciños diante dun caso de emerxencia
ELPAIS.com
LORENA BUSTABAD - Ferrol - 14/08/2008

Cinta illante para selar portas e fiestras, persianas pechadas a cal e canto, afastarse de interruptores e enchufes, prescindir do coche e os electrodomésticos e permanecer no interior das vivendas ou colexios. Son algunhas das recomendacións de seguridade que a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta, adscrita á Consellería de Presidencia, está facendo chegar estes días aos veciños do municipio coruñés de Mugardos. (Artigo Completo en El País)




Relacionado

.

Altas concentracións de metais pesados nos afluentes do Eume

Foto do Rio Chamoselo atopada en vadeando.com
Logo de que Medio Ambiente anunciara a "normalización" do Eume e dera por "controlada" a acidez, ADEGA denuncia que persiste un grave risco ambiental e de saúde pública polas altas cantidades de metais pesados que amosan as augas. Recentes análises encargadas por ADEGA á UdC, dan valores moi por riba dos límites legais para determinados metais pesados nos ríos Lavadoiro e Chamoselo, que están sendo inxectados ao Eume. Particularmente preocupantes son os níveis de cromo, níquel, cadmio, arsénico e uranio, este último con valores que superan 24 veces o recomendado pola OMS. A situación no Eume está moi lonxe da suposta normalidade que se quere vender. Ademáis dun encalado permanente para corrixir a acidez, como se vai solucionar o problema dos metais pesados? (Artigo completo en Adega)

Análises AUGA EUME (Pdf 32 KB)


.

CANONS DO SIL - Mirador do Duque (Monforte)



Video by jrcasan

.

terça-feira, 21 de outubro de 2008

Puñalada no corazón da Ribeira Sacra: Fenosa e o seu proxecto Belesar III

Foto atopada en Desdelesperpento


O proxecto de modificación das características da concesión dos saltos de Belesar e os Peares presentado por Fenosa está encamiñado a aumentar o aproveitamento hidroeléctrico da bacía media do Miño bombeando dende o encoro dos Peares até o de Belesar nas horas nocturnas de baixa demanda e turbinando polo día en horas de alta demanda. Polo tanto este proxecto consumirá enerxía neta e o seu único obxectivo é lucrar á empresa promotora, Unión Fenosa, especulando coas subvencións públicas ás renovábeis. Ao tratarse dunha "modificación" da concesión, vai o Sr. Touriño a permitir esta desfeita como afirmou recentemente e como aconteceu co proxecto de Santo Estevo II no Sil?... (Artigo completo en Adega)


Relacionado


.

Ferrolterra en perigo



Vídeo by susete70

.

Roteiro polas fragas do Rego Pequeno (Somozas) Domingo 26


(Enlaza co artigo orixinal en Verdegaia)

Verdegaia organiza un roteiro para o vindeiro Domingo 26 de Outubro polas fragas do Rego Pequeno. Con este roteiro pretendemos un dobre obxectivo: por unha parte (como sempre) pasar un día agradable de camaradería disfrutando da natureza e do noso patrimonio; por outra banda, denunciar a desaparición acelerada das fragas do Rego Pequeno, tributario do Río Xuvia.


Estas fragas son unha reserva para a biodiversidade de Galicia, polo que resulta intolerable que estean sendo literalmente borradas da faz da terra por culpa do cultivo indiscriminado e incontrolado de eucalipto. Entre as especies arbóreas e arbustivas que se poden citar figuran: salgueiro (Salix atrocinerea), ameneiro (Alnus glutinosa), bidueiro (betula sp.), abeleira (Corylus avellana), freixo (Fraxinus excelsior), pradairo (Acer pseudoplatanus), carvallo (Quercus robur), cerquiño (Quercus pyrenaica), castiñeiro (Castanea sativa), ulmeira (Ulmus glabra), pereira brava (Pyrus pyraster), loureiro (Laurus nobilis), acivro (Ilex aquifolium), sanguiño (Frangula alnus), estripeiro (Crataegus monogyna), sabugueiro (Sambucus nigra), etc.


Teremos ocasión ao longo do roteiro de constatar claramente esta substitución, e agardamos que todas aquelas persoas que nos acompañen tomen conciencia con nós da inmensa perda que supón para o noso patrimonio natural a desaparición destas fragas. Pola nosa banda, xa estamos denunciando estes feitos ante a administración coa esperanza de que se deteña esta masacre e se inclúa a zona no LIC "Xuvia-Castro".


Ademais disto, teremos ocasión de coñecer algo do patrimonio etnográfico e arqueolóxico da zona, xa que teremos ocasión de visitar un "machuco" ou muíño de ferrería (usábanse para traballar o ferro), unha torre medieval en ruinas, unha antiga fonte-lavadoiro de pedra, un muíño para a moenda do gran, e o impresionante Castelo de Moeche, onde contaremos coa guía do arqueólogo Emilio Ramil para poñer punto e final ao roteiro.


Esperamos a vosa participación (non vos demoredes en concretar a vosa inscrición) e lembrade que ese fin de semana é o cambio de hora, polo que poderedes durmir unha hora extra.


Máis información:

Data: 26 de outubro
Hora de saída: 9.30 h
Lugar de saída: Escalinata de Correos, Ferrol
Duración: 6 horas aprox.
Lonxitude: 10,8 km
Dificultade: baixa
Prezo: soci@s 5 €, non soci@s 7 € (para o bus)
Prazas: 30
Levar comida e bebida, roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro e ganas de pasalo ben (se a roupa é de cores discretas, mellor)
Prazo de inscrición: ata o 22 de outubro, incluído.
Teléfonos de inscrición: 661636946 (Miguel) 691527277 (Mónica)



.

Perigo neboa!!

(c+p) CCE
A néboa, por segunda vez en menos dunha semana, impediu esta mañá a entrada a Reganosa, do “LNG Madrid Spirit” coa súa carga de gas natural licuado. Outra vez terá que fondear na ría de Ares, co risco consiguiente para as poboacións daquela contorna, ata a próxima pleamar diurna de mañá, se para entón as condicións de visibilidad permíteno. Outra vez en poucos días, voltamos plantexar os temores que o pasado xoves manifestabamos, e así sucesivamente, ante cada entrada dun buque na nosa Ría. Por cada entrada anunciada – teña lugar ou non - este Comité Cidadán de Emerxencia, seguirá convocando á CONCENTRACIÓN, para manifestar a Autoridades e cidadanía, o perigo permanente a que estamos expostos, pola ilegal ubicación da Planta de Gas, e para seguir esixindo:

PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA!!



Isto diciamos fai só 4 días:

A foto é de Artritris
.

segunda-feira, 20 de outubro de 2008

Lugares para Lembrar: Piornedo

A foto en Panoramio
.

A Fundación Germán Estévez denuncia á Unesco a "desfeita ambiental" que suporán os novos encoros no Miño-Sil



(Enlaza co artigo orixinal en GZnación)

Os técnicos e voluntarios da Fundación Germán Estévez de Protección da Natureza remitiron aos técnicos de patrimonio e medio natural da Unesco un completo dossier con documentación, ao través do cal solicitan a súa visita á Ribeira Sacra para comprobar "in situ" a "desfeita ambiental" que supoñerá a construción dunha macrocentral hidroeléctrica no municipio de Nogueira de Ramuín. Critican a actuación da consellería de Medio Ambiente por conceder a autorización, ironizando con que considerasen que "non dana o hábitat nin a paisaxe" unha obra que, segundo sinalan, "dinamita e perfora as paredes dun río que a natureza tardou máis de mil anos en construír". Así mesmo, solicitan aos alcaldes da Ribeira Sacra que convoquen mocións de apoio á paralización das obras na conca Miño-Sil, e piden aos investigadores universitarios que se pronuncien sobre os danos medioambientais de devanditas obras.

Artigo de GZnación
Via Chuza

Relacionado
Hidroeléctricas contra o Canón do Sil

.

domingo, 19 de outubro de 2008

20 de Outubro: Entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol (nº33)

Foto by Xoán Porto

Aínda non fai tres días que o último gaseiro abandonou a Ría, e xa temos outro previsto para mañá cara a ilegal e perigosa Reganosa, trátase do buque Madrid Spirit cargado de GNL.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Concentración Manifestación na Praza Amada García diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da tarde. Con este serán 33 os buques cargados con GNL que entran na Ría de Ferrol ca perigosa mercancía, poñendo en perigo a seguridade e vida de miles de persoas.

PLANTA DE GAS FORA DA RIA

"O fondo das nosas rías non son vertedoiros" 3ª proposta ao Concello dende SOS Pontedeume

Foto dende SOS Pontedeume


(enlaza co artigo orixinal en SOS Pontedeume)

Parece que foi onte cando Sos Pontedeume lanzou a primeira proposta ao Concello e hoxe chegamos a 3ª proposta, ainda que hai que recoñecer que non fixeron caso. A proposta de hoxe implica tanto o Concello como a outros colectivos ou asociacións, posto que esta iniciativa parte co obxectivo de limpar os fondos da nosa ría, unha ría que é o principal sustento de moitos eumeses. Cando falamos de limpar os fondos, chegaría por comezar coa limpeza da ponte de pedra hacia as Fragas do Eume xa que os medios materiais que se precisan pra facelo son mínimos dada a escasa profundidade coa marea baixa. Pra limpeza desa zona chegaría con xente con gañas e ataviados cun traxe de neopreno e contar coa infraestructura necesaria pra despois levar o lixo os puntos axeitados pra súa reciclaxe.

A simple vista na ría vemos desde a beira bicicletas, unha motocicleta, papeleiras, valados de sinalización, bolardos, a bateria dun coche e unhas rodas, o sinal do paseo marítimo, entre outro tipo de lixo.

Como dicía antes, destas desfeitas xa deu conta, chegando a sair publicada en Chuza, pero ata agora non se fixo nada polo que SOS Pontedeume reitera a súa petición aportando mais datos e tendo en conta que desde a Xunta de Galicia destináronse unha morea de cartos pra estas labouras. Por ese motivo mandaráse un correo aos principais partidos políticos eumeses, a Asociación de Veciños "A Nosa-Vila", a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia "ADEGA", a Asociación de Artes Menores de Galicia "ASOAR-ARMEGA", e tentarse por en contacto coa "Asociación Medioambiantal Neptuno" coa intención de publicitá-lo problema para tratar de acometer a súa limpeza e tentar que os fondos da nosa ría convértanse nun vertedoiro.

Desde SOS Pontedeume pensan que si en Corcubión, en Mugardos, Fene ou en Viveiro entre outros moitos lugares foi posíbel ... por qué non en Pontedeume?

SOS Pontedeume

.

Mapa dos quince puntos negros na ría de Vigo

Mapa dos quince puntos negros na ría de Vigo por A RIA NON SE VENDE

Os elevados niveis de contaminación da Ría de Vigo, unidos ó alarmante proceso de destrución da paisaxe e da natureza no seu litoral, constitúen o motivo que moveu á plataforma A RÍA NON SE VENDE á elaboración deste traballo.

Enlaza co mapa (Aquí)


.

Un sector empresarial da Veiga rexeita a declaración de Trevinca como parque natural

A declaración de parque natural para Trevinca enfronta aos empresarios da Veiga. Un sector numeroso considera que a instalación de parques eólicos, como os proxectádevos para outras zonas do municipio, como Riomao -lindeiro co parque natural-, Valdín ou Vilanova, e incluso a apertura de canteiras de cuarcita -como a solicitada para Riomao- supoñerían maiores beneficios. (artigo completo en laregion.es)

O Director xeral de Conservación da Natureza, José Benito Reza lembra aos empresarios que 'Trevinca xa é espazo natural protexido'

“Haxa parque ou non, Trevinca é un espazo natural protexido”, continuou apuntando o director xeral de Conservación dá Natureza, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente. Lonxe de ser unha limitación, a declaración podería ser unha forma de desenvolvemento para a zona. Polo menos, así estímao José Benito Reza, quen apuntou que nun ano, os parques naturais galegos foron visitados por 300.000 persoas. Tamén apuntou a creación de centros de interpretación, as actuacións promocionais ou a creación de postos de traballo. “Ou parque natural é unha oportunidade de desenvolvemento”, dixo. (artigo completo en laregion.es)



"NIN UNHA SOA MONTAÑA SEN PROTECCIÓN" Foto de Adega




.

Arceibe no "Penyal d`Ifac"



.

sábado, 18 de outubro de 2008

Tramposos por SOS Groba

Foto dende a bitácora de SOSgroba



(Enlaza co artigo orixinal na bitácora de SOSgroba)

Non por sabido deixa de sorprendernos. Está comprobado que as empresas xogan suxo e que dandolle voltas a lei, fan o posible para que as cousas parezan o que non son.

As ofertas aos propietarios do solo, ademais de ser ridículas con prezos insultantes, son o exemplo de que a especulación e o uso da lei en beneficio de xente allea a propiedade da terra é o que se protexe. Un pobo ou un particular que teña un monte, cando lle toca a desgraza de verse afectado por a construcción dun parque eólico, non ten ferramentas para negarse nin defenderse, por moito que se publicite non senso contrario. A empresa fai unha oferta, a que ela considere, e o propietario só lle queda queixarse e, despois de moitas voltas, ás veces sacar unhas migallas máis. Ou o tomas ou lévanche as terras polo que iles queiran.

Que agora a fiscalía se poña a investigar a posible fraude por ter acordado prezos entre as empresas -que casualidade que ningunha lle dispute a outra a mesma terra- parecenos ben, máis creemos que chega bastante tarde.

Si se comprobara que efectivamente houbo acordo previo, debería obrigarse a revisar tódolos acordos acadados ata o día de hoxe, e revisar os contratos, maioritariamente moi por baixo dos prezos que lle corresponderían se houbese competencia real e xustiza.

Competencia e xustiza fai falla para que todo o proceso que se nos ven enriba, se faga coa racionalidade e a xusta medida que o noso páis e a nosa terra merece.

.

sexta-feira, 17 de outubro de 2008

Diversas plataformas cidadás, organizacións ecoloxístas e forzas políticas debatirán este sábado en Arzúa sobre o Plano Acuícola


(Enlaza co artigo orixinal en GZnación)


Representantes das tres forzas políticas galegas, xunto con membros de diversas plataformas cidadás e organizacións do país, debatirán nunha mesa redonda este sábado 18 de outubro, ás 20 horas, sobre o Plano Acuícola. Esta iniciativa desenvolverase no municipio de Arzúa no marco do festival Terractiva, que organiza Coperactiva Cultural.


No debate participarán o xefe de Acuicultura da Secretaría Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca da Xunta de Galiza, Juan Ramón Otero Llovo; o voceiro de Pesca do Partido Popular no Parlamento galego, José Manuel Balseiro Orol; o voceiro parlamentar de Pesca do BNG, Bieito Lobeira; o secretario executivo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Fins Eirexas; e os membros da asociación de veciños "A Pergoliña" de Camelle, Luis Miguel Suárez Pérez, e da Plataforma veciñal pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Xosé Manuel Casais González.


O encontro celebrarase no recinto feiral de Arzúa (rúa Padre Pardo), que acollerá tamén na segunda xornada do festival - domingo 19 ás 19 horas - o xa tradicional foro ecolóxico (Formaterra). Nesta ocasión, o tema que centrará as intervencións dos colectivos e persoas é “participación social e ecoloxía, ferramentas para fortalecer a democracia”. Trátase dunha actividade pioneira que se consolida coma un foro de análise e posta en común das iniciativas medioambientais en Galiza.


Feira Ecolóxica


O festival abrirá ao público o sábado 18 ás 11 da mañá. Contará con preto de 50 expositores con produtos ecolóxicos de horta e limpeza, diversos xeitos de cociña ecolóxica e terapias alternativas. Son algunhas das propostas desta feira, todas elas relacionadas coa defensa do medio ambiente.


Terractiva é un festival de alternativas, multidisciplinar e que promociona as artes e a diversidade. Neste senso, o festival Galeuzca musical leva de novo a Arzúa unha selección de grupos galegos, vascos e cataláns, que este ano conta coa presenza de “O Sonoro Maxín” de Galiza, “La Troba Kung-Fú” de Catalunya e “Sorkun” que chega de Euskadi. Será o día 18 ás 22 horas no Campo da Feira e con acceso de balde.


(Artigo orixinal en GZnación)

A nova en Chuza



.

Reganoxa



Vídeo by susete70

.

Repítese a historia: "Gaseiros na néboa 2"

A foto é de Artritris


Onte o "LNG Edo" cargado con GNL para REGANOSA, non poido entrar na Ría por mor da presencia de néboa espesa ao longo do seu canal, no momento da marea morta en pleamar diurna. O buque cargado co perigoso gas durmiu na Ría de Ares. Mais a acción de protesta tivo lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Berros de frases cargadas de razóns alertaban do perigo que supón a entrada de gaseiros para a ilegal e perigosa REGANOSA... (+inf)

.


"A Ría na Rúa"


A campaña "A Ría na Rúa", terá lugar entre os días 25 de Outubro e 1 de Novembro e pretende levar a loita contra REGANOSA a dez prazas de Ferrol, coa colaboración de 10 artistas que realizarán murais en ditas prazas, ademais dun roteiro reivindicativo e un magosto popular.


Via Plataforma Artabra 21



.


Lugares para Lembrar: "A Fervenza de Vieiros"

A foto en Panoramio


.

Nas bitácoras amigas