terça-feira, 16 de setembro de 2008

"Vivir ao lado de Reganosa" Reportaxe de A Nosa Terra

Enlace co Artigo orixinal e Video de Bocixa e Raquel Rey en ANT Diario Dixital

Xa van 29 gaseiros os que entraron na ría de Ferrol desde a implantación da regasficadora situada en Mugardos no ano pasado.




Situada en plena ría de Ferrol, a terminal de gas de Mugardos funciona a pleno rendimento aportando anualmente 3,6 millóns de metros cúbicos de gas natural, ofrecendolle suministro, entre outras, ás centrais eléctiricas de Endesa e Unión Fenosa en As Pontes e Arteixo, respectivamente. Mais Reganosa está no punto de mira dos cidadáns galegos, en especial daqueles que viven na comarca de Ferrolterra. Situada a escasos metros das casas, a planta de gas licuado pon en dúbida que se cumpran as medidas de seguridade nas que se establece que unha central destas caraterísticas debe estar, polo menos, a 2 kilómetros do núcleo poboacional máis próximo. O Comité de emerxencia de Ferrol e veciños afectados levan meses chamando a atención sobre a situación de perigo que están a vivir cada día e cada vez que un buque gaseiro entra na ría de Ferrol para chegar até a planta. O pasado 10 de setembro entrou na ría o gaseiro número 29 para arribar en Reganosa. Esta vez, o buque puido entrar sen ningún problema ou empedimento, despois de que meses atrás mariñeiros da zona se manifestasen en plena ría impedindo a entrada dos gaseiros. Porén os veciños e veciñas da zona seguen denunciando a situación de ilegalidade de Reganosa incumplindo as medidas de seguridade.ANT TV estivo con varios veciños da zona para ver como se vive ao lado dunha planta gaseira e escoitar as súas preocupacións

Enlace co Artigo orixinal e Video de Bocixa e Raquel Rey en ANT Diario Dixital

Via Plataforma Artabra 21

O link do video via CANARIODOPENEDO

.

sábado, 13 de setembro de 2008

2ª Masa Crítica Galega o 27 de setembro en Ferrol


O vindeiro sábado 27 de setembro celébrase a 2ª Masa Crítica Galega en Ferrol. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel!.
máis información no artigo orixinal de Verdegaia
.

Galiza, somos como somos

Video de Iacobquiroga

Via Galicia Profunda

.

quinta-feira, 11 de setembro de 2008

VI edicion do festival Fervesteiro 2008


O VI Festival do fervesteiro celebrase do 12 ao 20 de setembro en distintos lugares do barrio. O festival comenzara con dous dias de espectaculos de novo circo e cabaret, para logo celebrarse as charlas, debates e proxeccions que daran paso a os dous ultimos dias de musica.

Esteiro non se vende!!

enlaza co artigo orixinal en Fervesteiro


.

Nas bitácoras amigas