sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008

Veciños Asturianos e Galegos contra a liña de alta tensión crean a asociación 'Camín Grande'


(Galiciae) Veciños do concello lugués da Fonsagrada e de Santa Eulalia de Oscos (Asturias) uníronse nunha plataforma contra o trazado previsto da liña de alta tensión Boimente-Pesoz, que pasaría pola actual Reserva da Biosfera Oscos-Eo e Terras de Burón.

A asociación 'Camín Grande' quedou constituída nunha reunión na Casa de Cultura santallesa á que asistiron uns 120 veciños dos dous municipios afectados.

Os seus obxectivos inmediatos son conseguir a paralización do proxecto de construción do tendido eléctrico e a realización dun novo estudo de impacto ambiental, esixencia na que coinciden cos alcaldes dos seus respectivos concellos.

A xunta directiva da plataforma, composta por veciños de Asturias e Galicia, comprometeuse a analizar este informe en detalle porque consideran que "carace de fundamento, rigor e seriedade".

Impacto sobre a saúde dos veciños
Os seus argumentos contra o actual trazado la liña de 400.000 voltios que Red Eléctrica Española (REE) ten previsto para a zona inclúen motivos económicos, de saúde e ambientais.

O presidente de 'Camín Grande', o asturiano José Luis Díaz, asegura que o tendido "expandirá contaminación electromagnética, coa grave incidencia que isto suporá para a saúde das persoas" e destacou que en varios puntos a liña discorrerá "a menos de 300 metros" de lugares habitados.

Asegura que "está comprobado" que os que viven preto destes tendidos sofren "trastornos do sono e cefaleas" polo que a calidade de vida dos veciños "se devaluaría"...(Ler artigo completo en Galiciae)

via Chuza por pingheiras



Reserva de la Biosfera Rio Eo, Oscos y Tierras de Burón - 1


Reserva de la Biosfera Rio Eo, Oscos y Tierras de Burón - 2


.

O cambio climático espallará os eucaliptos - (A Nosa Terra Diario)


Un profesor da UPM advirte que 'non hai alternativa' aos eucaliptos para alimentar as plantas de biomasa que planea a Xunta.

( A Nosa terra) As oito centrais de biomasa que planea autorizar a Xunta terán que ser 'alimentadas' con eucaliptos. Así o explica o profesor da Universidade Politécnica de Madrid, José Miguel Montoya Oliver, experto no sector forestal e relator no Congreso sobre o cambio climático que remata hoxe en Compostela... (Ler artigo completo en A Nosa terra)

Via Chuza por xindilo

.

AENA intenta amedrentar ao membro de "Matar por matar non" que denunciou a tala de árbores centenarias en Peinador - (GZ Nación)


(GZ Nación) O Departamento Xurídico de AENA está estudando presentar unha denuncia contra Xulio Fernández, membro do colectivo ecoloxista ‘Matar por matar non’, despois de este denunciara públicamente a tala de árbores centenarias nas inmediacións do aeroporto de Peinador para poder ampliar en pouco máis dun metro o aparcadoiro de vehículos. (Ler artigo completo en GZ Nación)

Via Chuza por charinho

.

O camiño do pobo - (Rede Galiza non se vende) -

Por Plataforma Medioambiental de Corrubedo Malia que aínda é cedo para avaliar que efectos pode ter a Rede Galiza Non Se Vende -RGNSV- na sociedade e na política galegas, pois é un movemento recente e non dabondo instaurado no maxín popular, a exitosa manifestación do domingo 17 pode marcar un antes e un despois, quer no papel e influencia dos movementos sociais independentes, quer no xeito de exercer presión sobre a política, que esquece moi a miúdo de onde vén... (Artigo complete en Galiza non se vende)
Tamén podes chuzala

.

quinta-feira, 28 de fevereiro de 2008

(Verdegaia) Por unha Galiza libre de transxénicos




((c+p) Verdegaia) A Organización Ecoloxista Verdegaia demanda que Galicia sexa declarada pola Xunta e polo Parlamento como zona libre de transxénicos, seguindo o exemplo de Asturias e do País Basco e de máis de 170 rexións e países de toda Europa. Con este xesto, as institucións galegas amosarían inequivocamente o seu rexeitamento á introdución de transxénicos na agricultura e na alimentación, que está a acontecer sen suficientes garantías ambientais e sanitarias.

Ler máis...


Via Chuza por signatus

.

O perigoso complexo químico - industrial e de xestión de residuos, veciña de Reganosa, solicita a Autorización Ambiental Integrada



Foto atopada en Os verdes

(c+p) Plataforma Artabra 21 O colectivo f-cape advirte-nos dun anuncio publicado hoxe no DOG, pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que esta notifica que se somete a información pública a solicitude de Autorización Ambiental Integrada, para a instalación de fabricación de formol, colas e resinas; xestión de residuos de Marpol; coxeneración e recepción, almacenamento e distribución de hidrocarburos, en Punta Promontorio, no concello de Mugardos xunto á planta regasificadora de REGANOSA, promovida por Forestal del Atlántico, S.A., empresa do Sr. Tojeiro que conforman xunto a IMEGASA un perigoso complexo químico - industrial e de xestión de residuos... (Artigo completo aquí)

Foto atopada en El caso Reganosa


Tamén en chuza por ATURUXO

.

Habia unha vez un circo...que entristece sempre o corazón



Animals are not clowns






*Carteis Atopados en Píndoles
Via Chuza por abumazen

De interese
Por um Circo sem Animais en accaoanimal
Liga Portuguesa dos Direitos do Animal

.

quarta-feira, 27 de fevereiro de 2008

Comeza o xuízo en Francia contra o Estado Español pola súa responsabilidade na xestión no desastre ecolóxico ocasionado polo afundimento do Prestige


Denuncia dos mariscadores galos


Francia xulga a España pola súa responsabilidade no desastre do 'Prestige'



(Galiciae) O xuízo ao Estado español, o armador e a empresa fretadora do buque 'Prestige' pola súa responsabilidade no desastre ecolóxico ocasionado polo afundimento do petroleiro fronte á costa galega comezou hoxe na cidade francesa de Rochefort. O caso ten a súa orixe nunha denuncia presentada no 2003 polos sindicatos ostricultores e mariscadores de Charente-Maritime e Olerón. (Artigo completo aquí)


(Quilmas.com) As plataformas contra o "Plan Acuícola da Xunta" rebentan un mitin da Conselleira de Pesca en Carnota



Foto Atopada en Código Cero

(QUILMAS.COM) Arredor de 160 persoas pertenecentes as plataformas de Quilmas, Merexo, Camelle, Arou e Seiruga concentraronse onte as nove da noite con pancartas, bucinas e tambores diante da porta e as ventás do Salón de Plenos do Concello de Carnota, onde se celebraba un mitin do PSOE coa intervención de Carmen Galego. O acto, con moi pouca asistencia, durou a penas media hora, durante a que os manifestantes non deixaron de atroar nin un só momento. A Conselleira saíu protexida pola policía local.

http://quepasanacosta.com/
http://seirugalimpa.blogspot.com

(c+p) QUILMAS.COM
Via Chuza



Chio de maceirax

.

terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

(@migus - As Pontes) - Ence negociará o seu traslado coa Xunta tras as eleccións




Foto atopada en X CHOIVA ÁZEDA

(@migus) O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ordenou abrir unha negociación cos directivos de Ence logo das próximas eleccións xerais do 9 de marzo, para adiantar ao 2012 o traslado da papeleira, que ten permiso para continuar na súa actual localización (dentro da parroquia pontevedresa de Lourizán) ata o ano 2018. O presidente da Empresa Nacional de Celulosa España, Juan Luís Arregui, mantén contactos co Goberno autónomo desde finais do pasado ano... (Artigo completo aquí)
Tamén en Chuza

.

(ADEGA-Paradanta) - A contaminación no río Deva ameaza especies en perigo de extinción

emys_orbicularis.jpg (ADEGA-Paradanta) De persistir a contaminación producida polos vertidos industrias e urbanos que a través dos colectores municipais van parar ao río Deva especies protexidas, incluídas no Libro Roxo de Especies Ameazadas, poderían desaparecer do seu hábitat. A degradación da calidade da auga, que se agrava nos meses de verán e principios do outono, cando a carga contaminante que emiten os colectores municipais sofre unha menor dilución ó baixar o río con menos caudal, pon en risco a supervivencia na zona de especies de gran valor pola súa rareza. (ler o artigo completo en Adega)


Via CANARIODOPENEDO no fedello de Chuza
Podes Chuzala (aquí)

.



Visualizar o mapa ampliado

.

Cortáronse árbores centenarios no aeroporto de Peinador para aumentar dous metros o aparcadoiro (GZ Nación)


Cortan árbores centenarios no aeroporto de Peinador para aumentar en dous metros o aparcadoiro



Foto de GZ Nación

(GZ Nación) Os carballos e os cipreses molestaban ás aspiracións de quen quería aumentar o aparcadoiro. Polo menos media ducia de carballos e cipreses cortáronse dentro do recinto do aparcadoiro do aeroporto vigués de Peinador para, segundo puido saber GzNación, aumentar o espazo destinado ao estacionamento dos vehículos... (seguir lendo)

Via Chuza por
charinho

.

Máis reaccións á manifestación " Contra a destrución do territorio" recollidas en chuza


Os comentarios son de interese

Quintana quere recuperar o espírito de Nunca Máis para o BN GAS

Quintana, dándose conta que o espirito de Nunca Máis xa non está co BN Gas, quere recuperar electorado. (en Chuza)

Elena Espinosa: ''La protesta de GNSV fue minoritaria; nos ha dado más fuerza''

A candidata do PSOE por Ourense, perguntada sobre a posta em causa do bipartito polas "bases progresistas" resposta "Es curioso que cuando no se hizo nada no se dijera nada. Todos sabemos lo que hizo el PP en el rural, perjudicando el medioambiente, los recursos pesqueros y la sostenibilidad, y nadie se movilizó. En cualquier caso, la protesta de Galiza non se vende fue muy minoritaria: recuerdo manifestaciones de 300.000 personas en Galicia. Pero creo que esto ha servido para dar más fuerza a las consellerías para seguir trabajando". (en Chuza)

“Honores mutant mores”

“Honores mutant mores”
-Resposta de GNSV a Francisco Rodríguez- As declaracións de Francisco Rodríguez, mestura de burda demagoxia e inaceptábel concepto clientelar das organizacións sociais, evidencian o seu descoñecemento do que significa a REDE GALIZA NON SE VENDE, así como das razóns da multitudinaria manifestación do 17-F en Compostela. (en Chuza)

(c+p) chuza

Máis reaccións

.

segunda-feira, 25 de fevereiro de 2008

- Nos EUA as plantas de GNL non se situarán a menos dunha milla de zonas residenciais - (Plataforma Artabra 21)


( O buque gaseiro Port Harcourt no peirao de REGANOSA,
en Mugardos dentro da Ría de Ferrol
Foto: Suso - Ferrol )


En EE.UU. as plantas de GNL non se situarán a menos dunha milla de zonas residenciais (c+p) Plataforma Artabra 21

ATENCION: LER CON DETEMENTO ESTE ARTICULO E RECORDADE Á VECIÑANZA DE MEÁ (MUGARDOS) QUE VIVEN A 100 m DOS INMENSOS TANQUES DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).

OBSERVATORIO DE PLANTAS REGASIFICADORAS DE GNL

FORBES.com, por KEN MAGUIRE 01.31.08

CASO: Planta de GNL de FALL RIVER [Massachusetts]

Os lexisladores esfórzanse para deter a planta de GNL de Fall River
(Nota.-En verde escuro o máis destacado)

(c+p) (Plataforma Artabra 21) O alcalde de Fall River, Robert Correia, di que o concello gastará o diñeiro que sexa necesario para evitar a construción dunha terminal de gas natural licuado [GNL] na súa zona. Pola súa banda a promotora di que en última instancia irá aos tribunais.

Ambas as partes estiveron presentes o mércores no Capitolio de Massachusetts nunha audiencia sobre a lexislación que obriga a que unha nova terminal de GNL non se construirá a menos dunha milla de distancia [1´65 km] das zonas residenciais, coa esperanza de poñerlle fin á proposta de Weaver's Cove Energy de situar unha terminal en Fall River.

"A proposta pon á miña comunidade e a xente da miña comunidade nun indebido e inxusto risco", dixo Correia, que recentemente dimitiu como representante do estado. Fall River gastou 1,4 millóns de dólares na loita contra o proxecto, segundo manifestou na audiencia. "O diñeiro é escaso", dixo ao Departamento de Seguridade [Homeland Security Department] de EE.UU. "Pero se teño que buscar máis diñeiro para deter este proxecto, teño a intención de facelo.

"
Diversos estudos concluíron que o lume resultante por un ataque terrorista contra un gasero podería causar a ignición e morte de xeito feroz ás persoas situadas ata unha milla de distancia.

O portavoz de Weaver's Cove, James Grasso, dixo nunha entrevista antes do seu testemuño na audiencia do mércores que as instalacións de GNL nos Estados Unidos demostraron ser seguras. Grasso dixo que o proxecto de 250 $ millóns creará ata 500 postos de traballo durante a construción de polo menos tres anos de duración.

Weaver's Cove Enerxía xa se enfronta a unha dura batalla. A Garda Costeira de EE.UU. [USCG] xa declarou que as zonas da bahía e desembocadura do río Taunton non son emprazamentos seguros para terminais de GNL e para a navegación de buques metaneiros.

No entanto Grasso dixo que a compañía está apelando ao seguinte nivel na organización da Garda Costeira, engadindo que os tribunais poden, en última instancia, ser a súa elección "baseada na cláusula de comercio interestatal e sobre a base da competencia dos distintos organismos".

A residente Margaret Charkowski de Fall River asistiu á audiencia levando unha camiseta de cor laranxa dicindo "Boicot Hess".
(*) Dixo Charkowski, "Fall River é a miña identidade. Encántame Fall River, porque é unha gran cidade", "Se iso constrúese nas nosas costas, afúndese Fall River. Ninguén vai querer construír ou vivir aí abaixo, eu desde logo, non. É o mal "In situ".

A seguridade dos gaseros tamén se converteu nunha preocupación na zona de Boston, en parte, por mor dunha terminal de gas natural licuado en Everett, na bahía de Boston. A terminal é unha das cinco instalacións deste tipo que operan nos EE.UU., e a única nunha zona densamente poboada.

(*)Hess LNG é unha empresa conxunta de Amerada Hess Corp e unha filial de Poten

http://www.forbes.com

http://www.southcoasttoday.com

Artigo de www.f-cape.org Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da ría de Ferrol

________________


PLANTA DE GAS FORA DA RIA! XA!



Enlaces relacionados:

En Fall River, en Massachusetts [EEUU], unha nova planta de gas rechazada por non ser o lugar apto para a entrada de buques gaseiros
(24.10.2007)

Paralelismos entre Ferrol [Galiza] e Fall River [Massachusetts -EE.UU]
___________

(c+p)
Plataforma Artabra21
Tamén en Chuza

.

O dereito a coñecer a orixe da electricidade que consumimos faise realidade en España



(c+p) (chuza) A organización ecoloxista e pacifista Greenpeace celebra o triunfo da campaña "Queremos saber para poder elixir", pero lamenta que a Comisión Nacional de Enerxía rebaixe os criterios sobre o impacto ambiental da enerxía na nova etiquetaxe eléctrica...
(Artigo completo en Greenpeace)

domingo, 24 de fevereiro de 2008

En "La France" están de carallada


Pica na imaxe para ver o vídeo

Sarkozy a un cidadán: "Saca de aí, mamón"

Se cadra a caída libre que experimenta o presidente francés, Nicolas Sarkozy, nas enquisas de popularidade está pasándolle factura no ánimo, bastante enervado ultimamente. O último incidente produciuse onte no Salón da Agricultura, unha feira de mostras en París, cando lle chamou "mamón" a un cidadán.

Diálogo:

Cidadán: - Eh, non me toques.
Sarkozy: -Pois saca de aí!
Cidadán: - Vasme ensuciar!.
Sarkozy: -Pois saca de aí, mamón.

via Chuza

.

O bosque Animado en perigo polo AVE


Cambre sae á rúa para denunciar que o TAV pon en perigo a Fraga de Cecebre

Centos de veciños manifestáronse na capital do municipio para pedir que se varíe un trazado que tamén arrampla con varias casas


(Vieiros) Os veciños do municipio de Cambre volvéronse concentrar este sábado no Campo da Feira para mostrar o seu malestar co trazado do Tren de Alta Velocidade no municipio. Os afectados consideran que o proxecto do Ministerio de Fomento non é o idóneo. A infraestrutura pon en perigo o bosque que inspirou ao escritor Wenceslao Fernández Flórez, a Fraga de Cecebre, e convértese ademais nun auténtico crebacabezas para os veciños, xa que o tren pasaría por núcleos de poboación e incluso obrigaría a tirar algunhas casas. (Artigo completo en vieiros)




Via Chuza por FULANO Avatar de FULANO

Fraga de Cecebre
foto atopada (aquí)


A fraga ilustrada




O Bosque Animado (Trailer en Castelan)




"El bosque animado" Alfredo Landa

Plataforma Artabra recolle as aclaracións de f-cape sobre a derrogación do RAMINP e as súas consecuencias na loita contra a localización de REGANOSA


[(c+p) Plataforma Artabra 21] En relación co Regulamento RAMINP e debido a comentarios dispares sobre a súa derrogación, facemos as seguintes aclaracións:

1º) Este regulamento afecta e afectará aos procesos xudiciais presentados contra a planta de gas por estar en vigor na data de solicitude do proxecto. Xa que logo, aínda que foi derrogado (con condicións) pola LEI 34/2007 de data 15 de novembro, a planta de gas de Mugardos deberá cumprir co mesmo. É dicir: ESTÁ VIXENTE.

2º) A lei anterior 34/2007, di na súa Disposición derogatoria única. Derrogación normativa.

* 1. Queda derrogado o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, (RAMINP) aprobado por Decreto 2414/1961, de 30 de novembro. No entanto, o citado Regulamento manterá a súa vixencia naquelas comunidades e cidades autónomas que non teñan normativa aprobada na materia, en tanto non se dite dita normativa.

3º) Como a Comunidade Autónoma de Galicia non ten unha lei específica e integral que substitúa ao Raminp, este Regulamento ESTÁ EN VIGOR na nosa comunidade. (Segundo fontes da judicatutra galega esta lei integral, que o substitúe, xa está elaborada pero aínda sen aprobar).

4º) De acordo con diversas sentenzas do Tribunal Supremo sobre este Regulamento, informamos do seguinte:

* a) Sobre os plans urbanísticos dos MUNICIPIOS: " . . . as ordenanzas municipais e os plans urbanísticos do municipio non poden desoír a regra xeral (2.000 metros) establecida . . . . ".

* b) Sobre a dispénsa para reducir esta distancia: "dispénsaa da regra xeral sobre distancias mínimas, en canto prevista só en casos excepcionais, non debe ser obxecto de interpretacións extensivas . . . . . . . e dado que nela esíxese o previo informe favorable da Comisión Provincial de Servizos Técnicos, este informe ha de referirse, especificamente, ao tema da distancia, razoando cales son as circunstancias do caso concreto que xustifican dispensar a regra xeral . . . debe permitir apreciar que as medidas correctoras impostas non son só as que demanda o tipo de actividade de que se trate, senón, ademais, singularmente, as exixibles pola concreta circunstancia da redución da distancia"

* c) Sobre as comunidades Autónomas: " . . .o apartamiento daquela norma (RAMINP) no territorio dunha Comunidade Autónoma esixirá que a normativa propia desta (Comunidade Autónoma) substituír, sen ningunha dúbida, por outra cuxa potencialidade protectora non sexa menor".

Xa que logo, non debemos renunciar aos nosos dereitos que recolle o RAMINP e ter a confianza de que o Tribunal Supremos non vai cambiar de criterio sobre o mesmo por moi poderosos que sexan os que apoian a este disparate de planta de gas (GNL) no medio da nosa Ría.

www.f-cape.org





Envía www.f-cape.org colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da Ría de Ferrol

Nota:
En Vermello aclaración de f-cape

(c+p) Plataforma Artabra 21
Tamén en Chuza

.

Documental de National Geographic - Seis graos que poderían cambiar o mundo

Pica na imaxe para ver o vídeo curto (en inglés)

(National Geographic) O volume da emanación de gases polo efecto invernadoiro é maior cada ano. Os científicos advirten que, como consecuencia, a temperatura global media pode aumentar 6 graos centígrados no próximo século. Polo tanto o mundo experimentaría cambios radicais. Este documental acompaña a Mark Lynas, escritor inglés, e a outros expertos en climatoloxía na súa análise do efecto que produce o potencial aumento dun grao centígrado na temperatura mundial... (Máis en National Geographic)
Via el blog verde

Dende a bitácora "A Gentalha do Pichel" lémbranos: As Encobras "A CEO ABERTO"



Teaser de As Encrobas - "A ceo aberto"




Visualizar o mapa ampliado

sábado, 23 de fevereiro de 2008

Artigo de Encarna Otero en Vieiros


Galiza tamén é territorio

(Vieiros) (Artigo de Encarna Otero) As identidades dun pobo son múltiples e complementarias; na súa obra común ao longo dos séculos as xentes actúan sobre do medio físico do que viven e van construíndo colectivamente a súa historia, o seu que facer; así foi e será na Galiza.

Esta nazón milenaria ten o seu territorio humanizado pola pegada e o traballo dos homes e mulleres que nela viviron e viven, desde os cumios a boca ribeira, desde as rías até os cómaros, nos arredor de 32.000 núcleos, algúns xa desertizados e que configuran a variedade de cidades, vilas, aldeas, lugares, e hoxe zonas periurbanas a até concellos dormitorio.

Nun pais como Galiza de apenas 32.000 km e algo menos de 3.000.000 de habitantes, o territorio está fondamente humanizado sendo en si mesmo unha fonte de riqueza e de traballo, de lecer e de cultura; é dicir, de vida, mais que produce un sentimento de amor e propiedade física que partido do ollar se instala no corazón e produce respecto máis tamén desasosego por iso ás súas xentes produciulles tanta dor e rabia o chapapote do “Prestige” vertido no mar ou o lume do monte queimado de xeito cíclico.

¿Por que non produce a mesma dor a ocupación de ladrillos sen límite nas vilas costeiras e nos ensanches das cidades, ou o desleixo e abandono nas leiras e montes, ou os vertidos contaminantes nos ríos, nas rías e no océano?, quizais porque a simbiose entre lugares, usos da terra, explotación da costa e habitantes está hoxe rachada e pola contra a especulación feroz co diñeiro gañado con facilidade invade unha parte de Galiza. Cómpre pois que o territorio de Galiza, ben fráxil, identidade en perigo no seu uso, aproveitamento e goce, sexa abordado desde un pacto social do que sairán despois as normativas e iniciativas públicas e privadas tanto nos gobernos municipais como autonómico e por ende estatais e europeas e que asuman algunhas liñas estratéxicas básicas: recuperar o patrimonio construído, mesmo para segunda residencia de propi@s e visitantes, preservar a riqueza natural e paisaxística, conservar e pór en valor o rico patrimonio existente, recuperar a biodiversidade e a capacidade de producir alimentos sans e de calidade na terra e no mar, xerar emprego e riqueza co aproveitamento e potenciamento dos recurso naturais, mesmo enerxéticos, e sobre de todo ser capaces de transmitir ás xeracións futuras o territorio en mellores condicións de vida e goce do que o recibiron e destruíron as persoas que hoxe en Galiza viven.

*Encarna Otero asina este artigo dende a súa condición de historiadora

(c+p) Vieiros
Via Chuza por Galegoman

.

Artigo de Interese dende GALIZA NON SE VENDE - Os ecoloxistas denuncian o enchido pasivo do oco da mina de As Pontes


Adega-Trasancos, Fusquenlla, SGHN e Verdegaia denuncian o enchido pasivo do oco da mina que Endesa ten en As Pontes


As entidades ecoloxistas denunciaron perante a Consellería de Medio Ambiente e da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o enchido que realiza Endesa. Trátase de aproveitar a auga das chuvias e dos regos que rodean a mina. Este sistema foi rexeitado no seu día pola propia empresa debido ás consecuencias medioambientais que ocasionaría.


(Galiza non se vende) A principios de xaneiro, ENDESA anunciou o comezo do transvase do Eume para mediados dese mesmo mes. As entidades Fusquenlla, ADEGA-Trasancos, Verdegaia e SGHN-Ferrol solicitaron nesas datas á Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o transvase, debido á seca deste outono, que motivara unha baixada de caudal consideravel con respecto a outros anos. Como en anteriores ocasións, non se recibiu notificación algunha por parte da Consellería, pero o certo é que a moratoria se levou adiante, e a día de hoxe ENDESA non puido comezar o transvase do Eume, o que non foiu óbice para que, en contra das prescripcións do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto do Enchido do oco da mina de As Pontes, o recheo do oco comezase co Enchido Pasivo a base das augas procedentes da chuvia e máis dos regos que rodean o oco da mina.

O Enchido Pasivo foi desestimado no seu momento pola propia empresa, por considerar que esta opción ocasionaba graves prexuízos para o conxunto das zonas afectadas, incluídas as augas do río Eume, que terían que soportar a afluencia das augas contaminadas do futuro lago... (seguir lendo na bitácora de GNSV)




Visualizar o mapa ampliado

Exposición “ART NATURA” na Casa da Cultura do Concello de Fene



(Plataforma Artabra 21)
Exposición “ART NATURA”, que se inaugurará o 27 de febreiro ás 20 h na Casa da Cultura do Concello de Fene.

Esta exposición poderá visitarse dende o 27 de febreiro até o 14 de marzo e durante este período terán lugar 3 encontros:

12 de marzo ás 20 h : Encontro con fotógrafos

13 de marzo ás 20 h: Encontro con pintores

14 de marzo ás 20 h: Encontro con escritores

Via
(Plataforma Artabra 21)
Tamén en Chuza por
ATURUXO
Avatar de ATURUXO

.

Nas bitácoras amigas