quinta-feira, 31 de janeiro de 2008

Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

(c+p) Arredemo

reganosa



Este sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol)acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría,producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe aos veciños de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".

via Chuza

E. P. (A Nosa Terra) Burla Negra e Arredemo celebran hoxe unha 'Ultranoite' en defensa da Ría de Ferrol e contra a planta de gas de Mugardos



A Nosa Terra

O Comité Cidadán de Emerxencia, convoca para este venres, 1 de febreiro, a unha concentración ante a chegada dun novo buque gaseiro para REGANOSA

Ante a próxima chegada do gaseiro nº 13 cara a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, coa sua carga de GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

CONVOCA

Unha cacerolada – tamboreada para o

Venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá.

Diante do edificio da Autoridade Portuaria, Peirao de Curuxeiras - Ferrol,

Para logo desplazarse a o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Plaza de España.

Características do buque: LNG SOKOTO, Bandeira de Bermudas, Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.

Prégase difusión

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!




Via Chuza
(c+p) Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Plataforma Artabra 21

segunda-feira, 28 de janeiro de 2008

Vergoñosa Copa de España de Caza do Raposo en Portomarín

(c+p) A Nosa Terra Diario Dixital

Un detido por protestar contra a masacre
Xornada negra para raposos e ecoloxistas en Portomarín

As tensións entre os opositores á caza do raposo e os organizadores e participantes na Copa de España foron a clave da xornada. Membros de Verdegaia denunciaron por agresión a cazadores.


Cacería de raposos
Cacería de raposos


Malia os intentos de boicot da vintena de asociacións ecoloxistas desprazadas até Portomarín, preto de 70 raposos foron abatidos durante a quinta edición da Copa de España de Caza do Raposo.

Dende primeiras horas da mañá ecoloxistas e cazadores botáronse ao monte, aínda que con motivacións completamente distintas. Nos enfrontamentos, resultou detido un dos membros da fundación “Equaanimal” por un suposto delito de resistencia á autoridade.

Os ecoloxistas empregaron dispositivos como altofalantes e bucinas para evitar a caza. Dende a plataforma Matar por matar non” sinalaron que non existen argumentos que xustifiquen estes campionatos e solicitaron a Medio Ambiente a facer unha revisión dos plans cinexéticos.

Dende Verdegaia, o coordinador xeral da formación, Xan Duro, afirmou que "non sei exactamente cantas escopetas había, pero iso non era caza, era unha masacre", lamentou.


"Ameazáronnos con pegarnos co fusil", acusan dende Verdegaia

Xosé Antón Portela e Roi Seoage son os ecoloxistas que resultaron feridos do altercado entre os manifestantes e os cazadores. Ambos son membros de Verdegaia e, segundo relatou Roi Seoage a Europa Press, no momento dos feitos atopábanse no monte "vixiando aos escopetas para que non cazasen ilegalmente".


"Levaban as armas cargadas polo camiño, a pesar de que non está permitido", proseguiu Roi Seoage, "polo que lles sacamos unhas fotos". Con todo, cando un dos cazadores apercibiuse disto, avisou ao resto da cuadrilla, que se encarou cos ecoloxistas, sempre segundo estes. "Insultáronnos, ameazáronnos con que nos ían a pegar co fusil, con que iamos ter problemas...", recordou.

En metade da disputa, un dos cazadores, segundo explicou o propio Roi Seoage, agarrou a este polo pescozo coa man, e rabuñoulle, o que lle causou tres laceracións. "Ademais, seguiu ameazándome coa escopeta, sosténdoa polo canón, como querendo usala como un bate", explicou.

(c+p)
A Nosa Terra Diario Dixital
Via Chuza

domingo, 27 de janeiro de 2008

O nivel do mar subiu en Galiza entre 10 e 17 centímetros en medio século e prevese que en 2050 cubra 15 metros de praia

(c+p) do Xornal A PENEIRA

Está máis afectada que no Mediterráneo, onde o mar medrou 8 centímetros


Praia das catedrais


O cambio climático vai guindando, día a día, unha serie de evidencias que os científicos intentan coñecer para buscar medidas que permitan facerlle fronte. Unha das revelacións coñecida ata agora sobre os efectos do quecemento global refírese ao mar e, neste punto, os expertos xa apuntan a que a costa galega rexistrou un incremento de 10 e 17 centímetros no nivel do mar na última metade do século XX.

Esta situación guinda unha conclusión tamén avanzada, e é que Galiza será unha das zonas onde maior repercusión terá a suba do nivel do mar, aínda que a afectación se apreciará de distinta forma nas poboacións galegas que están asentadas no eixe Atlántico e no área correspondente ao mar Cantábrico.

As investigacións realizadas ao respecto, apuntan a que no litoral cantábrico, o incremento do nivel do mar acadou os 3,5 milímetros ao ano; o que supón 17 centímetros ao longo de medio século. Son, pois, entre 2 e 5 centímetros máis da suba rexistrada na costa Atlántica, onde os estudosos han detectado aumentos que oscilan entre os dous e os tres milímetros anuais. O resultado: as augas atlánticas medraron entre 10 e 15 centímetros na segunda metade do século XX.

As cifras, aínda que tamén negativas, ofrecen un panorama, de entrada, máis esperanzador para o área mediterránea, que no mesmo período experimentou unha subida do nivel do mar de oito centímetros. En todo caso, moi por debaixo da influencia que o troco climático ten na costa galega, sexa no área Atlántica ou a Cantábrica.

Estes son, a groso modo, os resultados dos últimos informes que veñen a demostrar que o desxeo e a dilatación do auga (ao existir máis temperatura o auga ten menos densidade e aumenta o nivel do mar) derivada do quecemento global xa repercute de forma directa en territorio galego.

De feito, entre as previsións que se manexan para as próximas décadas, atópase unha que indica que nos próximos 50 anos, a comunidade podería recortar varios metros das súas praias, dado que a suba do nivel do mar prevista é de 35 centímetros.

Dado que o aumento do nivel do mar vén derivado, igualmente, do quecemento global, a temperatura das augas é outro factor que preocupa aos investigadores. Ao respecto, un estudo realizado polo Instituto de Investigacións Mariñas rebela que a temperatura das augas superficiais dos océanos está rexistrando un aumento que definiron como han alarmante, aínda que tamén detéctanse diferencias entre uns lugares e outros.

En relación coas rías Baixas, de acordo con este estudo titulado 'A temperatura media dás augas superficiais ten aumentado 1,0 ± 0,1 ºC nos derradeiros 40 anos', conclúese que a menos de 50 millas a temperatura media aumentou nun grao nos últimos 40 anos, se ben os principais cambios detéctanse nos últimos 30 anos, pois foi cando comezouse a rexistrar un aumento de 0,27 graos por década.
(c+p) A PENEIRA

Via Chuza

sábado, 26 de janeiro de 2008

O CCE para a Ría de Ferrol no Foro Social Galego

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, participará o 26 de xaneiro de 2008 na xornada internacional de Acción Global, convocada polo Foro Social Mundial.

Unha Delegación do C.C.E. estará presente na Asamblea Popular que se celebra esta xornada na Facultade de Historia da Universidade de Santiago, convocada polo Foro Social Galego.

O Comité Cidadán de Emerxencia presentará nese acto a comunicación seguinte:

A planta de Gas de Reganosa ubicada no interior da Ría de Ferrol constitue a maior agresión medioambiental que se está a producir no país. Un caso gravísimo de corrupción financieira e política, exemplo dun modelo de capitalismo salvaxe ,no que unha minoría, para acadar o máximo beneficio, non repara en por en perigo de morte a miles de persoas ou liquidar un ecosistema do que dependen centos de mariscadores e a suas familias. A impunidade con que esa minoría asalta a legalidade vixente para acadar os seus propósitos, só é posible pola complicidade institucional (forzas políticas maioritarias) e mediática. Serva o exemplo recente: A Deputacion de A Coruña ,o Pleno do Concello de A Coruña, ou determinados cargos da Xunta homenaxeando como empresario exemplar a un dos impulsores de Reganosa (Sr. Tojeiro) e principal beneficiario deste caso de corrupción.

Dende a sua contitución no ano 2001, o Comité Cidadan de Emerxencia da Ría de Ferrol, así como a Asemblea Cidadán integrada por mais de cincuenta asociacions veciñais, ecoloxistas e culturais; veñen liderando a oposición cidadá a Reganosa, ao traverso da movilización social, da denuncia xudicial, administrativa e mediática.Unha loita que acabou rachando, a partires de maio do 2007, os muros de silencio impostos polo entramado que promove Reganosa, tralo bloqueo da entrada dos gaseiros na Ría,o peche dos veciños de Mugardos, a publicación do libro” Muros de Silencio” ou a divulgación de documentais, como “Un gasoducto no meu xardin” ou ”O salario do silencio”.

Cómo xurde Reganosa? Por qué a ubicación no interior da Ría?

No ano 1997, o Goberno Central privatiza Enagas , e ésta cancela o proxecto de Planta de Gas no Porto Exterior, a pesares de que tiña xa aprobada a Declaracion de Impacto Ambiental, e o lugar previsto gozaba do consenso social e político da bisbarra. Esta circunstancia foi aproveitada polo Sr. Tojeiro para, co apoio de Fraga , promover a construcción dunha planta de gas dentro da Ría de Ferrol, a carón do complexo petroquímico da súa propiedade “ Forestal del Atlantico” e cuia concesión marítimo terrestre caduca no 2017. Este acordo sustanciase no convenio asinado entre Fraga e os socios de Reganosa en xullo do 2000, nel se recolle en clausula confidencial, o compromiso da Xunta coa ubicación e a resolución dos problemas de viabilidade económica ou administrativa que tivese Reganosa. Como se comprobou mais tarde coa ubicación en Punta Promontoiro, o Sr.Tojeiro non só pretendia dotarse dun parauguas para prorrogar a concesión de Forestal do Atlántico, senon que levou a cabo un pelotazo urbanístico: unha soa parcela –na que logo se asentaron os tanques da planta- segregada de Forestal e rexistrada en Febreiro do 2001 por un valor de 47 millons de ptas. é transferida a Reganosa, un mes despois, por un importe de 737 millóns das antigas ptas.

Situacion Actual e Perspectiva

A planta de Reganosa dende a súa entrada en funcionamento en probas o pasado mes de maio, converteuse pola entrada de gaseiros cargados na Ría, nunha ameaza real para a vida de miles persoas; para a riqueza marisqueira e o emprego; o patrimonio e o potencial turístico da Ría de Ferrol.

O pasado 7 de Novembro a Area de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria, aprobou a Acta de Posta en Servicio da Planta, que o Comité Cidadán ten recorrido por canto Reganosa non ten acreditada a solución os condicionados da súa licencia de construcción, entre eles, o da distancia suficiente ata as poboacións según require o artigo 12 da Directiva 96/82/CE (Seveso II), incumplindo tamén os 2000 m que require o RAMINP. Outro requisito tamén imposible de resolver é a saida dos gaseiros nunha situación de emerxencia durante unha descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría,según a norma EN-1532.

O Goberno Central ten a competencia e a oportunidade de paralizar a actividade de Reganosa sin ter que pagar indemnización algunha,en base os condicionados que non ten cumplimentados e que ademais son imposibles de resolver dentro da Ría .É por iso que reclamamos do Ministerio de Industria que revoque a Acta da Posta en Servicio de Reganosa.

O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia pronunciouse a través de dúas sentencias que anulan a tramitación medioambiental de Reganosa, recorridas ante o Tribunal Supremo por Reganosa e a Xunta de Galicia, estando pendentes de que sexan ratificadas. Están admitidos a trámite por diferentes Tribunais, 12 contenciosos. Asemade foron presentadas sendas denuncias no mes de Novembro diante da Comision da Competencia, Medioambiente e Comision de Peticións do Parlamento Europeo.

O CCE, seguirá promovendo iniciativas tanto de orde xurídica,administrativa,de sensibilización,e de movilización social ata acadar paralizar a ameaza de Reganosa, antes de que ocorra unha catástrofe que poida provocar miles de vítimas. Como parte integrante da “Rede Galicia Non Se Vende” nos movilezaremos para acadar que a manifestación “Contra a destrucción do territorio” a celebrar o vindeiro 17 de Febreiro en Santiago sexa un éxito.

Ferrol a 25-01-2008

(c+p) Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Tamén na Plataforma Artabra 21

Chuza

CONCURSO DE CARTEIS SOBRE MEDIO AMBIENTE (Novembro 2007)

CARTEIS PREMIADOS

1º Premio Rosa Fernández Caamaño
2º Premio Marcos Dios Almeida
3º Premio - Daniel Iglesias Padrón


Via "Asociación Pola Defensa da Ría" de Pontevedra ( APDR )

sexta-feira, 25 de janeiro de 2008

Comunicado do grupo ecoloxista ERVA (en Galiza Indymedia)

Erva denuncia o proxecto do lago das Pontes como tapadeira dos vertidos da futura ENCE

Mina das Encrobas
Foto Anosaterra diario

O grupo ecoloxista ERVA considera que o proxecto de facer un lago nas Pontes respode á vontade do bipartido de levar ENCE para este concello, perpetuando un modelo forestal e industrial de corte colonialista e claramente perxudicial para o país.
ERVA CALIFICA DE DESPROPÓSITO E ESTAFA AMBIENTAL O PROXECTO DO LAGO ARTIFICIAL DAS PONTES

Ante as novas aparecidas recentemente nos medios de comunicación referidas ao peche da mina de lignito das Pontes e á inminente execución do proxecto de criación do lago artificial que cobriría a antiga mina, o grupo ecoloxista ERVA quere manifestar o seu rotundo rexeitamento ao citado proxecto, nas condicións actuais nas que se encontra a mina.

O presente proxecto de criación do lago adoece de importantes eivas técnicas e non se lle deu solución a condicionantes ambientais existentes de grande transcendéncia. Estas cuestións, de non se resolver antes de iniciar o asulagamento da mina, van impedir a medio prazo o uso recreativo do lago. Estes lastres e condicionantes son:


- A imposibilidade de “selar” ou desactivar os frentes do mineral e os depósitos de lignito non extraídos pola sua escasa rendibilidade económica, así como as ladeiras ácidas ou hiperácidas que permanecerán asulagadas en ambientes non anóxicos (ata 8-10 metros de profundidade). Isto provocará a paulatina acidificación do lago, de maneira que o periodo real de vixéncia das actividades recreativas proxectadas será moi breve. A partir dese período serán necesários labores de reparación de grande custo económico, que implicarían o vaciado parcial do lago.

- Segundo o proxecto, o control das aguas de escorrentía das zonas ácidas e hiperácidas non asulagadas implicará o mantimento dunha canle de recollida de aguas para o seu traslado a outro lago de aguas ácidas non apto para actividades recreativas. A existéncia deste lago e desta canle introducen factores de risco a medio prazo (desprendimentos, bloqueos da canle, fugas de aguas ácidas, etc.) que reforzarían a probabilidade de acidificación do lago destinado a usos recreativos.

- Os prazos de tempo barallados para encher de agua a mina (4-5 anos) implican detraer do río Eume un caudal que non garantiría o mantimento das condicións ecolóxicas do próprio rio aguas abaixo do lago, o cal suporía un impacto de enorme gravidade sobre a fauna e a flora ribeiriña durante o periodo de formación do lago.


Precisamente, a insisténcia en abordar o proxecto de forma inminente e dispoñer do lago en 4-5 anos fai pensar que a Consellería de Medio Ambiente o que realmente pretende é favorecer o traslado da celulosa de ENCE a As Pontes, tal como adiantaba algún medio de comunicación. A existéncia deste lago a partir do ano 2013 permitiría á multinacional forestal contar cun grande caudal de agua onde diluir os seus vertidos, puidendo iniciar o seu traslado nesta lexislatura e comezar a producir na nova ubicación a partir dese mesmo ano 2013. Por iso, resulta lamentável que se condicionen os ritmos de recuperación ambiental da mina das Pontes aos intereses doutra das empresas máis contaminantes de Galiza.

Pedro Alonso. Portavoz de ERVA. Responsábel da Comisión de Política Forestal
(c+p) Galiza Indymedia
via Chuza
tamén en Anosaterra e Vieiros


quinta-feira, 24 de janeiro de 2008

Manifestación Galiza NON se vende "Contra a destrución do territorio"


Cartaz da manifestación nacional do Domingo dia 17 de febreiro do 2008 en Compostela Galiza NON se vende "Contra a destrución do territorio", Marbellízación do Litoral, contaminación das Rías, Plan Acuícola devastador, plan eólico desmesurado, destrución do Courel, industrias salvaxes, Reganosa, Ence, ...especulación, destrución do medio Rural, dos espazos protexidos e do patrimonio cultural...

domingo, 20 de janeiro de 2008

Mércores 23: manifestacións a favor do dereito ao aborto

A Marcha Mundial das Mulleres convoca
concentracións polo dereito ao aborto


Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

* VIGO diante do MARCO
* CORUÑA no Obelisco
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo

A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.

ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!

Enlaces Relacionados:

Facendo fronte ás campañas reaccionarias contra os direitos das mulleres

En Chuza

(c+p) Plataforma Artabra 21

sexta-feira, 18 de janeiro de 2008

Malpica contra o Plano Acuícola da Xunta. Manifestación o vindeiro domingo 20 de xaneiro

Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro, domingo, contra o Plan Acuicola.

A manifestación tera lugar as 13 horas, empezara diante do Concello. Teñen confirmada a súa asistencia as plataformas de Merexo, Camelle e Arou. Invitamos a todo mundo a asistir. Despois da manifestación sabede que empezan as festas de Malpica amenizadas pola orquesta Trebol.
Habera unha Carpa por si chove.

DI NON CON NOS AO PLAN ACUICOLA

Via Plataforma Artabra 21
Tamén en Chuza


MAN diría " Non a Piscifactoría"

[vista-xandra+copia+[320x200].jpg]

Via A Xandriña non se vende

.

domingo, 13 de janeiro de 2008

Dez anos do 'Discoverer Enterprise'

A noite do 13 de xaneiro de 1998 sopraban na Ría de Ferrol ventos de 140 quilómetros por hora. A plataforma petrolífera "Discoverer Enterprise" construída en Astano rachou as súas amarras e esnafrouse contra a Ponte das Pías, esnaquizando a única ponte constituída, vía de comunicación directa entre Ferrol e Fene. Durante meses os ferroláns tivemos que dar un rodeo de vinte quilómetros por Narón e Neda para saír en dirección a Coruña, orixinándose na estrada de Castela interminábeis atascos. O 10 de marzo de 1998 inaugurouse (con moitas críticas) a nova ponte, regresando a Ría de Ferrol á "normalidade".

Vieiros
Vieiros en 1998

Foto1Foto2


Foto3Foto4


Foto5Foto6


Foto7Foto8

'Discoverer Enterprise'


video Ferrolanos.com


-Dez anos dende o Discoverer
-Discoverer Enterprise: Recordando el suceso
-Fará falla outro "Discoverer ", esta vez con centos ou miles de mortos, para que a Planta de Gas de Reganosa sexa trasladada fóra da Ría de Ferrol?

sábado, 12 de janeiro de 2008

Xeografía Galega - O Arco Ártabro


O Arco Ártabro via culturagalega.org



Serie documental que presenta os tesouros naturais de Galicia. O seu percorrido pola xeografía galega reflicte en imaxes as praias e a ribeira, os monumentos e o monte autóctono no seu máximo esplendor. A serie, dirixida polo catedrático Francisco Río Barja, explica as características e as orixes da nosa orografía.

Ficha artística

Cámara: / J. Ansorena
Dirección: / Francisco Río Barja
Realización: / T. Carril Barcia


Ficha técnica

Distribuidora / Televisión de Galicia (TVG)
Produtora / Consello da Cultura Galega / Hércules de Ediciones S.L.
Televisión de Galicia (TVG)


xeografiagalega.jpg


"Xeografía Galega Documental"
"Xeografía Galega Videos"
" O Arco Ártabro Video"
"culturagalegaTV"
Tamén en Chuza

quinta-feira, 3 de janeiro de 2008

Putos Alcolitos!

Artigo de SUSO que nos achega dende o seu blog Sempre en Galiza


Os alcolitos son unhas árbores autóctonas da Australia e que aquí non fan máis que foder. Estas árbores teñen unha multitude de características (que non mesmamente defectos aínda que o pareza) que as fan incompatíbeis coa fauna e flora autóctona da Galiza (en realidade de todo o mundo agás Australia).

Os eucaliptos son unhas árbores que posúen alosteria, que é un fenómeno que consiste en que emana unhas substancias químicas que fan que non medren árbores ou herbas doutra clase do seu redor.

Pois ben... en Australia a flora autóctona está adaptada a estas árbores e aos seus fenómenos alostéricos, de xeito que nese país os eucaliptais sí teñen sotobosque, que é fundamental pra o ecosistema dunha fraga... ademáis a fauna autóctona aliméntase destas árbores (véxase Koalas), de xeito que se produce un ecosistema en toda regra.

Noutras partes, se plantas un eucaliptal non medra sotobosque e hai un ecosistema que non rinde... os animais non se poden agochar baixo as súas polas... por exemplo, nun carballo poden aniñar os paxaros e están agochados... nun eucalipto non poden aniñar porque se pasa un águia veos con moita facilidade e papa a tódolos paxariños. Ademáis zugan auga que mete medo... as súas raíces tiran pra a auga que da gusto, i ese é o motivo de que medren tan rápido... desertizan o solo; Australia ten agora un inmenso deserto... antes iso era todo un inmenso eucaliptal... cadaquén que saque as súas conclusións. E contaminan augas... por exemplo se plantas un eucalipto preto dun pozo este contamínase e queda inservíbel... todo por mor do alosterismo. E ademáis teñen unha madeira de alto contido en alcohol, de xeito que arden que da ghusto velos, e ao mínimo que faga un pouco calor están a arder os alcolitos.

EUCALIPTOS NON


C+p do blog Sempre en Galiza
Tamén en Chuza

Nas bitácoras amigas