sábado, 27 de outubro de 2007

O documental "Tierra" expón as ameazas ambientais ás que se enfronta o planeta




Documental “TIERRA”

Directores: Alastair Fothergill e Mark Linfield.

96 min. Gran Bretaña-Alemaña

Este documental fai un espectacular percorrido pola Terra, de norte a sur e ao longo das estacións, observando o comportamento de distintas especies animais e a influencia do cambio climático nas súas vidas. Realizouse coas máis sofisticadas técnicas da serie televisiva da BBC Planet Earth. A súa presentación tivo lugar na Sección Oficial do Festival de cine de San Sebastián.

Trailer BBC's Earth 1


Trailer BBC's Earth 2


Vídeos



Fundación Biodiversidad

Huella Ecológica


Máis
portaldelmedioambiente.com
ecologistasenaccion.org
buenosdiasplaneta.org
eleconomista.es

sexta-feira, 26 de outubro de 2007

"15 días en Agosto"


Primeiro Premio Certamen Triminuto UJA
www.tropofilms.com

quinta-feira, 25 de outubro de 2007

Quen mira polas nosas árbores?




Todos os meses chegan a ADEGA denuncias de talas de árbores senlleiras que amosan a crecente preocupación da sociedade polo seu patrimonio vexetal. Aínda que as árbores son só unha pequena parte da enorme diversidade vexetal de Galiza, resulta moi significativo que as voces de alarma xurdan da veciñanza preocupada pola perda deste patrimonio.
Casos como as talas do barrio de Abella en Lugo, a carballeira de Faramontaos (Nogueira de Ramuín) ou a recente tala salvaxe en Pol, poñen de manifesto que malia á recente aprobación do Decreto SENLLEIRAS.pdf Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, as administracións seguen deixando facer aos fanáticos da motoserra.

Son ben escasas as carballeiras de propiedade pública con que contamos en Galiza. E por se fora pouco, a pésima xestión que algúns concellos fan deste patrimonio pon de manifesto o desleixo e máis a chulería de alcaldes enrocados nunha visión obtusa do "progreso". É o caso da carballeira de Rioxoán, no concello lucense de Pol, na que carballos centenarios acaban de ser talados apesar das voces contrarias da veciñanza e as advertencias de Medio Ambiente.
Este entorno, de singulares valores etnográficos e patrimoniais, inseparabelmente unidos á sua carballeira, constituía unha área de lecer natural para toda a veciñanza alén de regular o microclima. Calquera persoa cun mínimo de sensibilidade polo patrimonio natural e cultural do seu povo, entendería as razóns para protexer e conservar esta carballeira, e para poñela en valor como elemento senlleiro de significado histórico e cultural e atractivo turístico.
En base a estas razóns, ADEGA solicitou da Consellería de Política Territorial a modificación do proxecto da estrada de Meira a Baleira que, ao pasar por Rioxoán, propoñía talar toda unha fila de carballeiras para facer camiños de servizo nas marxes da estrada. Propuxemos deixar o trazado actual da estrada como vía de servizo e deseñar, no seu lugar, unha circunvalación por fora do núcleo rural de Rioxoán ou reducir o ancho da calzada, con beirarrúas en lugar dos arcéns e cunetas que se propoñían no proxecto. Era pois, unha modificación do proxecto que en nada empeoraba a calidade e os servizos que o proxecto anterior podía ofrecer: eis o que significa o desenvolvemento sustentábel.
Así o entendeu a Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial que confirmaba a ADEGA que o proxecto tiña sido modificado para non afectar á carballeira. Ao mesmo tempo, ADEGA presentou ante a Dirección Xeral de Conservación da natureza unha solicitude para que, en base aos valores naturais e culturais desta carballeira, fora incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras (Decreto 67/2007, de 22 de marzo).
Malia a estes trámites, e desoindo as recomendacións da Xunta e as peticións veciñais, o concello de Pol decidíu talar a carballeira. Para ADEGA, este feito non só demostra a absoluta falta de sensibilidade por parte do alcalde de Pol. Constitúe tamén un auténtico escándalo que non pode quedar impune:
-Porque se trata dunha tala innecesaria.
-Porque se ordena unha tala de carballos centenarios que non están xa afectados polo proxecto constructivo da estrada.
-Porque, ademáis, fíxose sen autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (imprescendíbel, xa que se trata dun ben que ten iniciado os trámites para a súa inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras).
Neste senso, agardamos que a Consellería de Medio Ambiente sí demostre a sensibilidade que lle faltou ao alcalde de Pol e proceda a sancionar exemplarmente esta escandalosa actuación. A violación alevosa dunha norma legal (o Catálogo Galego de Árboeres Senlleiras) non pode quedar impune. De qué valerían entón as normas e leis ambientais se se consinte a política dos feitos consumados?.
Quen mira entón polas nosas árbores?

Artigo de ADEGA
En Chuza

sábado, 20 de outubro de 2007

"Un anuncio incómodo"


Greenpeace y Digital+ reúnen a los creativos más destacados para  plantear cómo serán los spots que veremos en un mundo futuro marcado  por el cambio climático.

Greenpeace e Dixital presentaron a campaña "Un Anuncio Incómodo"
nesta campaña reúnen aos creativos máis destacados para expor como serán os anuncios que veremos nun mundo futuro marcado polo cambio climático


Algúns anuncios incómodos:














— Greenpeace

Copiado da paxina de Greenpeace

sexta-feira, 19 de outubro de 2007

Merexo non se vende


En Merexo non quedou un poste sen o seu cartel de protesta
En Merexo non quedou un poste sen o seu cartel de protesta


Un pobo enteiro en pé de guerra.

A imaxe non podía ser máis impactante: todos os que hoxe percorreran o camiño que leva da Praia de Lago a Muxía ao pasar por Merexo verían centos de carteis contra a ampliación da granxa de Prodemar en Merexo, que o alcalde muxián Félix Porto defendeu nas noxas páxinas nunha recente entrevista. Nin un só poste telefónico estaba libre do seu cartel correspondente, nin unha soa parede das casas que bordeaban a carretera carecía da súa pancarta. Merexo daba hoxe a imaxe dun pobo en pe de guerra. Nin un só espacio público librábase da súa anguriante chamada de socorro.A gran maioría dos seus veciños, os cales recentemente manifestábanse en Camariñas con ocasión das xornadas celebradas na Casa de Pedra sobre acuicultura, entenden que a ampliación de Prodemar traerá consigo a destrucción física da beleza natural da parroquia muxiana, dos seus recursos naturais e de parte sustancial dos da Ría de Camariñas. Preguntado ao respecto por camarinas.eu, Rubén Faraldo director adxunto en Prodemar, deriva responsabilidades cara a Xunta de Galicia ao responder que eles "só constrúen alí onde a administración autonómica llo permite", contando ca autorización correspondente da Xunta. Os veciños, entretanto, culpan directamente ao Alcalde muxián, á conselleira de pesca e ao Presidente da Xunta Touriño. En calquer caso, en Merexo está a piques de estalar unha enconada polémica de grandes proporcións.

Enlaces Relacionados con esta noticia


Carteis en Merexo para protestar pola ampliación da planta de Prodemar
Carteis en Merexo para protestar pola ampliación da planta de Prodemar
Cartel de protesta ca nosa Camariñas ao fondo
Cartel de protesta ca nosa Camariñas ao fondo
Pranta actual de Stolt Sea Farm en Merexo
Pranta actual de Stolt Sea Farm en Merexo
Duelo de señais no cruce de Merexo para ir á factoría de Prodemar
Duelo de señais no cruce de Merexo para ir á factoría de Prodemar
Vista dos postes de luz con cadanseu cartel de protesta contra Stolt Sea Farm
Vista dos postes de luz con cadanseu cartel de protesta contra Stolt Sea Farm

Aduaneiros sem fronteiras fechado -- 2º comunicado

Comunicado

Após a reacçom na rede e na comunicaçom social suscitada polo fecho do nosso site e comprovando o crescente agromar de diferentes e infundadas versons sobre o acontecido, alimentadas mesmo polas declaraçons da própria demandante em diferentes meios, vimos de decidir emitir um segundo comunicado para clarejar vários aspectos de nossa decisom. Concretamente sobre o processo encetado polo advogado de Dona Yolanda Castaño Pereira contra a nossa publicaçom, no que segundo ela própria, só se colocaram em causa apenas os comentários do site e nom o desenho gráfico de “Teu Quoque Yolanda?”. Com tal motivo, vemos-nos na obriga de publicar a carta remetida via mail polo seu advogado, Dom Pablo Carvajal de la Torre, para demonstrar a ausência de veracidade nas suas declaraçons mediáticas.

Depois de traduzir a carta ao galego e compreender o seu conteúdo, solicitamos um tempo de reflexom para consultar com a nossa advogada, e depois de ser rejeitada tanto a nossa oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico como o nosso desejo de resolver o assunto entre as pessoas e nom mediante advogados, fomos requeridos por Dom Pablo Carvajal através da nossa advogada a despublicar tudo antes da próxima segunda-feira 22 de Outubro. Por umha parte doeu-nos nesta situaçom que entre criadores e criadoras galegas, se tenha que recorrer a advogados e ameaças judiciais para arranjar um problema do que nem sequer tínhamos constáncia. E por outra que se ponha em questom a sinceridade dumha decisom que foi dura de tomar polo que supom retirar da rede o trabalho de quatro anos. As acusaçons de vitimismo e reacçom desmedida estám fora de lugar: o fecho era a única medida possível para evitar um processo judicial que repercutiria muito negativamente sobre ambas as partes sem claudicar do nosso direito à liberdade de expressom. Queremos lembrar que o feche seria reversível se, como agora afirma a demandante, estivesse disposta a aceitar por escrito ou pessoalmente a nossa já reiterada oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico. Nom é a nossa intençom prolongar por mais tempo esta absurda situaçom na que todos e todas podemos acabar por nos travar a língua e nos fazer sangue no principal órgao de expressom humana:
a boca.

alfandega@aduaneirossemfronteiras.org

anterior comunicado

Chuza

quarta-feira, 17 de outubro de 2007

domingo, 14 de outubro de 2007

Ferrolterra en perigo- Gaseiro solto pola Ría Artabra










De:
Fuco Buxan Asociacion Cultural
(fucobuxan@hotmail.com)
Enviado: domingo, 14 de octubre de 2007 12:10:25
Para: Arceibe@hotmail.com

Martes 16, ás 8 da mañá: Actos contra a entrada do 9º gaseiro



Comunicado recibido do Comité Cidadán de Emerxencia:
En reunión celebrada hoxe 13 de outubro
o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol



Acordou dirixir a cidadanía a seguinte convocatoria:
CONCENTRACION - CAZOLADA
Martes 16 de Outubro, ás 8 da mañá
no Porto de Ferrol


Para rexeitar a entrada na nosa ría dún novo gaseiro
"Cádiz Knutsen", cara a ilegal e perigosa Planta de Gas,
que arribará coa primeira pleamar diurna ás 8,15 horas,
Sobre ás 9 da mañá, a protesta trasladaráse
ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
na Plaza de España .

É importante asistir con elementos de percusión, camisetas, bandeiras, buzos blancos, ….
Unha vez máis estase a poñer en perigo as nosas vidas, a riqueza da nosa ría e os seus postos de traballo, polo inadecuado asentamento dunha Planta incapaz de cumplir os condicionados legais de seguridade.
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

Características do Buque:
"Cádiz Knutsen" Buque metanero de Unión FENOSA Gas.
Construido en IZAR Puerto Real (Cádiz)
Eslora: 284,40 m. Manga: 42,50 m. calado: 11,33 m.
Capacidad: 138.000 m3 de GNL
Velocidad: 19,5 nudos
Tripulación: 40 persoas.

Prégase difusión
Comité Cidadán de Emerxencia
comitecidadan@iespana.es

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
http://www.fucobuxan.com/
fucobuxan@yahoo.es


Protestas pola entrada do 8º gaseiro
http://arceibe.blogspot.com/2007/10/lbum-das-protestas-do-domingo-7-de.html
http://arceibe.blogspot.com/2007/10/vdeos-das-protestas-pola-entrada-do-8.html

Un berro unánime contra o plano acuícola da Xunta (GZnación)


Colectivos veciñais e ecoloxistas de toda Galicia manifestaranse o 4 de novembro en Corrubedo para deter o proxecto da Consellaría de Pesca. Cren que só beneficia ás transnacionais do peixe e que provocará graves prexuízos económicos e medioambientais
[GZnación / Marcos S. Pérez / 10 Out 07]

O vindeiro 4 de novembro grupos ecoloxistas e colectivos veciñais afectados polo novo plano acuícola elaborado pola Xunta reclamarán a retirada do proxecto, por considerar que constitúe unha "expropiación salvaxe" do litoral cuxos únicos beneficiarios serán as grandes empresas transnacionais do peixe. A cita é ás 12 do mediodía no porto de Corrubedo, dende onde se iniciará unha marcha até o emblemático Faro da localidade, onde se lerá un manifesto.

Estamos ante o movemento de protesta cidadá máis importante dende Nunca Máis, sobre todo porque abrangue localidades e colectivos de toda a costa galega. Son os veciños os que están en pé de guerra, dende A Guarda até Ribadeo, e as organizacións ecoloxistas mantéñense nun segundo plano, asesorándoos e ofrecéndolles apoio técnico e administrativo. Porque a estratexia é a de pisar a rúa, pero tamén pisar moqueta: traballar no eido administrativo, a través das alegacións presentadas ao proxecto de lei, e a través das denuncias efectuada perante a UE, para poñer en coñecemento de Europa o que se vai facer cos fondos de cohesión cedidos a Galicia.


Convocatoria da manifestación (Fins Eirexas)


Alternativa ao plano acuícola (Fins Eirexas)

Os grupos organizadores da protesta presentaron en agosto milleiros de alegacións ao plano, centradas en tres grandes aspectos: en que é insustentábel dende o punto de vista ambiental, en que é inxusto dende o punto de vista social, e en que é ruinoso dende o punto de vista económico. E todas as súas demandas conflúen nun mesmo obxectivo: na retirada do proxecto e na ordenación global de todo o sector acuícola galego, indo máis aló dos peixes planos e baseándose na sustentabilidade ambiental, na xustiza social e na xeración de beneficios económicos para todos os galegos, non só para as empresas transnacionais do peixe, como Pescanova ou Stolt, únicas beneficiarias deste plano.

Para os colectivos de afectados, o plano sectorial constitúe unha traizón ao pobo galego por parte dos seus gobernantes, pois pretende enaxenar o mellor do noso litoral “para alimentar os insaciábeis bandullos das transnacionais do peixe”. Así mesmo, consideran que esta ocupación masiva da beiramar de máis de 3 millóns de metros cadrados é “unha sentenza de morte contra as nosas praias e cantís, unha violación das nosas máis sobranceiras paisaxes, unha insustentábel hipoteca para os recursos ambientais e económicos autóctonos, e unha legalización encuberta da contaminación salvaxe do mar”.

Os grupos veciñais denuncian que estas empresas están procurando apoderarse das terras, intentando mercalas, mesmo dende antes de que se publicara o plano sectorial. Así, axentes das empresas foron casa por casa, ameazando aos veciños, dicíndolles que se non lles vendían as terras serían expropiados. Semella, pois, que a política do goberno é agasallar terreos a empresas transnacionais, despois de roubarllas aos veciños en moitos casos con expropiacións forzosas. Empresas, ademais, de discutible honorabilidade, como Pescanova, que manteñen en países como Chile actitudes neocolonialistas e en absoluto respectuosas co medio ambiente e cos habitantes das terras de ocupan. Outro exemplo do tratamento que estas empresas outorgan aos seus propios empregados témolo no paro convocado hoxe polos traballadores das plantas galegas de Stolt Sea Farm, en protesta pola ruptura que fixo a empresa das negociacións do convenio colectivo.

En canto ás consecuencias económicas da posta en marcha do plano sectorial, os grupos contrarios denuncian que só resposta ás necesidades dunha mínima parte do sector, esquecendo e mesmo poñendo en perigo a achega da acuicultura a flote e dos parques de cultivo marisqueiro, que ocupan a máis de 10.000 persoas, fronte ás 520 da acuicultura en terra. O plano, ademais, ataca de cheo ás áreas costeiras que sempre estiveron liberadas das agresións industriais e urbanísticas, “son o pouco que nos queda, e non estamos dispostos a que caian nas mans de empresas depredadoras”, afirma o manifesto.

O plano foi consensuado coas empresas desprezando a opinión do pobo. E os colectivos de afectados avisan: “se nos mantemos unidos, o plano non irá adiante, non nos queda outra que saír á rúa, que é o último sitio no que podemos reclamar a soberanía do pobo”. A resposta, ademais, será coordinada, “se se intentan meter as máquinas nun lugar, alí estarán os afectados de toda Galicia apoiando aos veciños, e se a imaxe que nese caso quere dar o goberno é o dunhas novas Encrobas, alá eles, porque aquí pode haber unhas novas Encrobas en cada un dos 26 puntos do litoral galego onde nos queren meter un montruo destes”. E se con todo e con iso a administración autonómica insiste en instalar esas plantas acuícolas, daquela “todos os grupos terán que dar explicacións cando vexamos o país esnaquizado e as paisaxes desaparecidas, e cando os vertidos contaminantes das plantas destrúan a riqueza do mar e a economía de milleiros de familias”.


Manifesto, lido por Fins Eirexas e Manoel Santos



Apoios á manifestación
A manifestación do 4 de novembro está convocada por ADEGA e as plataformas medioambientais veciñais de Corrubedo, Quilmas (Carnota), Seráns (Porto do Son), Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Xove-Lago, Merexo (Muxía), Arou (Camariñas), Oia e Foz, así como a Agrupación de Mariscadores de Corcubión e a Cooperativa de Mergulladores da zona 5ª. Ademais, xa se adheriron ao manifesto Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla (Pontedeume), Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, Central Unitaria de Traballadores e o Colectivo Nacionalista de Marín. A título individual xa expresaron o seu apoio á manifestación escritores como Xabier Queipo, Teresa Moure, Iolanda Castaño ou Miguel Anxo Murado; actores como Xosé Castro, Camila Bossa, Comba Campoi ou Quico Cadaval; arquitectos como Ánxeles Castro, Anxo Sánchez, así como un número importante de catedráticos e profesores universitarios. Finalmente, os organizadores contan co apoio de colectivos ecoloxistas portugueses, nomeadamente de Quercus, o principal grupo ambientalista do país.

A alternativa: falar cos veciños, cooperativas, pequenas plantas acuícolas...
Os organizadores reafírmanse en que non están en contra da acuicultura na costa, senón en contra de que se faga deste xeito. A Xunta vai destinar 390 millóns de euros á posta en marcha do plano sectorial, “390 millóns de euros que imos pagar todos do noso peto para que Stolt, Pescanova e outras empresas poidan construír estas plantas”, afirman. Os organizadores da protesta pregúntanse por que con eses 390 millóns de euros de subvencións non se axuda á creación dunha rede de pequenas piscifactorías, nunca en espazos protexidos, ben inseridas no ambiente, e xestionadas por cooperativas de mariscadores.

A resposta da Xunta e dos partidos
Adega pediu en tres ocasións reunirse coa conselleira de Pesca, e non obtivo resposta, e o mesmo lles sucedeu a numerosas plataformas veciñais, como a de Seráns, en Porto do Son. E entre os partidos o único movemento que houbo foi o do BNG, que por mediación de Bieito Lobeira que pediu a convocatoria dunha mesa de diálogo nos proxectos do plano acuícola que teñen máis oposición veciñal.

Os convocantes da manifestación critican a actitude do PSOE, que consideran que xa ofreceu a súa resposta coa negativa da Conselleira de Pesca de recibir aos colectivos afectados polo plano. Do mesmo xeito, cren que o BNG está adoptando unha posición tímida e insuficiente, malia a petición de que se abra unha mesa de negociación, que sería inútil mentres non se paralice a negociación do plano sectorial. Así mesmo, denuncian que se queira facer funcionar o goberno galego como compartimentos estancos, pois cren que este plano, en concreto, afecta a moitos máis aspectos que ao da pesca ou o medio ambiente, “a base de compartimentos estancos afundiu o Titánic, e non queremos que afunda este país”, din. Cren que o tratamento deste asunto debe ser interdisciplinar e transversal a todas as políticas públicas: territorial, ambiental, industrial e pesqueiro. Cren que lavar as mans coa excusa de que un asunto atinxe unicamente ás áreas de goberno do socio, é ineficaz e non axuda a facer país.

O plano acuícola da Xunta incumpre as recomendacións da ONU
A FAO, organismo da ONU encargado dos aspectos relacionados coa alimentación e a agricultura, ten elaborado un decálogo de principios para desenvolver unha acuicultura respectuosa co entorno social e natural do espazo no que se instale. O informe da FAO aconsella que se establezan límites entre os espazos protexidos e as piscifactorías, como xa se está a facer en Canadá. Touriño afirmou recentemente que a Rede Natura non se ía ver afectada, ao que os representantes de Adega responden que “até un rapaz da ESO” sabe que se se instala unha planta contaminante a poucos metros do límite da Rede Natura, provoca o mesmo impacto que se estivese ao outro lado desa separación imaxinaria. Así mesmo, o informe da ONU recomenda unha serie de sistemas e controis para evitar os vertidos contaminantes; porén, en ningún proxecto do plano sectorial aparecen sistemas para depurar os efluentes destas instalacións, reducir a carga orgánica e os materiais en suspensión e reducir os vertidos dos materiais químicos tóxicos. Ademais, a FAO aconsella introducir límites á dimensión e á produción destas plantas, como fai por exemplo Noruega; pero en Galicia estanse promovendo megagranxas sen ningún tipo de consideración de se son sustentables ou non.

O decálogo da FAO recomenda igualmente consultar coa poboación local para chegar a un acordo sobre os problemas e as solucións, algo que en Galicia non se fixo. Así mesmo, recomenda planificar a pequena escala, e proxectos flexibles, en lugar de megaplantas, buscar solucións ao impacto que estas plantas xeran sobre o desenvolvemento local, promocionar a educación e a formación, manter ao mínimo os investimentos externos, planificar a partir do que a xente xa está facendo ben, poñer en marcha novas ideas se non son contrarias ás prácticas locais, analizar a situación con equipos multidisciplinares... Puntos todos que se están a incumprir en Galicia.

Artigo de [GZnación / Marcos S. Pérez / 10 Out 07]
Via Chuza
Manifestación contra a factoría acuícola de Quilmas (Carnota)


Novas relacionadas
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas

domingo, 7 de outubro de 2007

Vídeos das protestas pola entrada do 8º Gaseiro a Reganosa

Cacerolada no puerto


Caravana a Mugardos


Protestas en Mugardos


Protestas en Mugardos

Vídeos por Marta N

Álbum de fotos das protestas do domingo 7 de outubro - Entrada do 8º Gasero na Ría de Ferrol































Fotos Marta N

Nas bitácoras amigas